Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contiños e xogos de Lup

O noso amigo Lup queda na casa os días de choiva e frío, pero non se aburre, ten moitos contos e aprende moitos trabalinguas, xogos cos dedos, adiviñas e cantigas.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 1 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta

Prazas limitdas

As inscricións poden facerse dende o luns 9 de xaneiro xa que o venres 6 é festivo, chamando aos números de teléfono: 988 788385 e 988 788386. Só poderán reservarse 2 prazas por chamada.

Galego

Contiños na Biblio

Todos os martes ás 18.00h teremos actividades para os nenos e nenas e 4 a 6 anos. 

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior a actividade a partir das 9.00h da mañá chamando aos números de teléfono: 988 788385 ou 988 788386

 

 

 

 

 

Galego

Elas pintan moito

“Elas pintan moito” é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Kahlo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Galego

Cantando con Pinocho

Cantando con Pinocho, é un proxecto no que A Fada de Cabelos Turquesa e Pepino, contarán o conto que enlazarán cantando en directo con acordeón e piano as cancións inéditas compostas para a obra teatral de Pinocho.
As cancións tratan os temas da liberdade, a amizade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de sensibilidade.

Galego

SSSHHHH... !A DURMIR!

Contos, cancións, poemas e adiviñas para durmir.

“O meu neno pequeno,

quérese durmir.

Cántanlle os galos,

o kikirikí”

Contacontos baseado en todo aquilo que rodea ao soño. A hora de durmir, é moi importante nestas idades; e tratarei de axudar a papás e mamás dándolles recursos para que sexa máis fácil.

Por suposto, de forma amena e divertida para captar a atención dos máis pequenos.

Para nenos e nenas de 0 a 3 anos

Duración: 30 minutos

Ludoteca

Galego

SSSHHHH... !A DURMIR!

Contos, cancións, poemas e adiviñas para durmir.

“O meu neno pequeno,

quérese durmir.

Cántanlle os galos,

o kikirikí”

Contacontos baseado en todo aquilo que rodea ao soño. A hora de durmir, é moi importante nestas idades; e tratarei de axudar a papás e mamás dándolles recursos para que sexa máis fácil.

Por suposto, de forma amena e divertida para captar a atención dos máis pequenos.

Para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos

Ludoteca

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral