Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A viaxe de nano

Raquel Queizas

Lugar: ludoteca

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo faio xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.

Non!, di Nano, a auga é mia…

Duración: 30 minutos

Galego

Contos de quita e pon

Este xoves contamos coa presenza de Charo Pita que nos trae contos e cancións para os máis cativos da casa, para poñelos e quitalos como un pixama. 

Duración: 35 minutos.

Idade: de 1 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta.

Prazas limitadas.

As inscricións poden facerse chamando aos seguintes números de teléfono dende o venres anterior á actividade: 988 788385 e 988 788386. Só poderán reservarse 2 prazas por chamada. 

 

Galego

"Molinillo"

"Chocolaaaaate, moliniiiiiillo. Corre, coooorre. Que te piiillo.

¿Hai algo máis ruidoso que un muiño? ¿Pero un muiño non é silencioso?

¿Muiño de café? ¿Muiño de vento?

¡A escoitar! ¡A escoitar! Que unha historia vou contar."

A través dun muiño de café, un muiño de vento e un muiño musical; a nosa actriz contará tres historias que farán as delicias dos máis pequenos da casa. Un marco branco e limpo, para historias coloridas e divertidas.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta.

Prazas limitadas.

Galego

Contadas na súa voz, homenaxe a Rosalía de Castro

Celebramos o Día de Rosalía cunha sentida homenaxe á escritora compostelá, símbolo do pobo galego.

Repasaremos a súa obra e biografía, tamén haberá poesías, cancións e historias marabillosas.

Ademais celebraremos o Día da lingua materna e Cen anos sen Murguía.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Quen son?

Os habitantes do mundo dos contos adoitan disfrazarse para divertirse ou para fuxir, para conseguir algo ou porque lles cadra, e moitas veces, algún deses disfraces cámbialles a vida.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Pés de lobo. Un lobo na biblioteca

Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar ás nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia nunha aposta polo coñecemento da contorna.

Este espectáculo promove o que deben facer as máis pequenas e pequenos no seu día a día para salvar o bosque dos contos. 

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 

Galego

Un día diferente

Un día diferente no que todo pode suceder.

Un día para facer voar a imaxinación e ver que o imposible pode pasar.

Un día cheo de aparicións, desaparicións, ilusións ópticas e predicións, na que o público participa de maneira activa.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

As aves da paz

Obradoiro no que nenos e nenas poderán achegarse á historia que se agocha detrás dalgúns dos símbolos mais representativos da paz así como aprender a realizar algúns deles con técnicas de papiroflexia. Mitoloxía clásica, relatos míticos e historias sobre distintas iniciativas pola paz estarán presentes nesta actividade coa que o Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día da Non Violencia e da Paz. 
 
 

Galego

Palma, repalma

Partindo de cousiñas cotiás e cercanas aos bebés contaremos pequenas historias enlazadas con ditos, xogos e cancións tradicionais e algunha composta adrede para esta función.

-Público: infantil de 0 a 3 anos (máximo dous adultos por neno como acompañantes)

-Hora: 18:00, na Sala Infantil

-Inscrición previa a partir do día 26 de xaneiro

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral