Unha praia particular
Trinketrinke Teatro
Lugar: salón de actos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
A Gran Lilí Gruyère volve á biblioteca a traernos historias divertidas dos ratos de Lonxedetodo

Trinketrinke Teatro
Lugar: salón de actos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
A Gran Lilí Gruyère volve á biblioteca a traernos historias divertidas dos ratos de Lonxedetodo
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Lugar: ludoteca
Contados por Miguel e Blanca da FAXPG
Fantásticas historias contadas por especialistas en Lingua de Signos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
Charo Pita
Lugar: salón de actos
Poesías con e sen música para bailar as rimas.
Nada queda quieto: os pes bailan, as saias xiran e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que as escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas montadas no lombo das brisas e dos furacáns.
Duración: 45 minutos
Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.
Nesta sesión de contacontos agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños
-Público familiar, a partir de 5 anos
Divertida sesión de narración oral a cargo de Bea Campos na que se reflexiona sobre a igualdade entre as nenas e os nenos e os valores de respecto entre todos.
- Público familiar, a partir de 3 anos
-Entrada libre ata completar aforo
Na tarde do luns de Carnaval, 20 de febreiro, o Museo Centro Gaiás vaise encher de dinosauros e robots, Faraóns e cavernícolas, pintoras renacentistas, cabaleiros medievais e intrépidas piratas dos sete mares. E por suposto de viaxeiras e viaxeiros do tempo de toda caste, que acompañarán a Pakolas e á nosa avoa do Courel favorita nunha das súas aventuras, desde o futuro ata o Cretácico, para bailar e cantar ata quedar sen folgos "charamelas grandes como estrelas, átomos perdidos na súa colisión!!".
Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convértense en elementos de xogo.Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os sentidos.
É un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións.
Ficha artística
Partindo de cousiñas cotiás e cercanas aos bebés contaremos pequenas historias enlazadas con ditos, xogos e cancións tradicionais e algunha composta adrede para esta función.
-Público destinatario: bebés de 0 a 3 anos (acompañados de ata dous adultos)
-Hora: 18:00 h
-Inscrición previa a partir do 8 de febreiro ás 09:00 h.
Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar ao aburrimento. Coñécense tanto que non necesitan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse se multiplica. Unha invitación a xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.
Ficha artística
Idea e produción: Compañía D’Click
Ven a celebrar o DÍA MUNDIAL DO CIRCO ao Auditorio de Galicia coa Gran Gala de Circo anual que o Concello organiza en colaboración con Pistacatro.
As Galas de Circo inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os números de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué, entre outros.