Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Travesías: aventuras de libro

Ata hai pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa e case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. En cambio, neste espectáculo agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Contos que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

Galego

Xogos musicais coa palabra

Buscaremos recursos sonoros para o conto de monicreques "Garavanciña e o esquío". Crearemos os sons con voces, instrumentos, chapas e obxectos cotiáns. Xogos musicais da man de Mirari, unha vasca establecida en Galicia, que nos axudará a poñerlle música ao conto e no que participará todo o grupo de familias participantes.

Galego

Periplo Atlántico, unha homenaxe a Castelao

Contaconto ilustrado e musicado e obradoiro de debuxo. Panchito é o único pingüín que vive na Coruña, aínda que é feliz e ten moitas amizades decide marchar á Antártida.

Realizarase unha versión (moi libre) do Panchito de Castelao, buscando en todo momento a conexión coas crianzas e as persoas maiores que as acompañen, se puidese ser recoméndase que asistan as avoas e os avós. Máis tarde faremos un obradoiro de debuxo, no que seguindo as indicacións do ilustrador... nenas, nenos e maiores debuxarán unha caricatura do protagonista da historia. 

Galego

The Magic Porridge Pot. Academia Bastón

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, e traballarán os valores e emocións que se representan no conto. E en cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión para que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en diante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

Galego

Sapo Manuel

O sapo manuel vive na súa poza contento de ser un sapo pero hai unha princesa que sempore o presegue para darlle bicos. 

Este xoves temos na bebeteca unha sesión de contacontos a cargo de Ana Carreira.

Bebeconto para nenas e nenos de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

Para asistir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior a actividade chamando aos teléfonos : 988 788385 /386. Só se poderán reservar 2 prazas por chamada. 

 

Galego

O gato con botas

Un día o gato con botas ve que non ten as súas botas e comeza unha busca por todo o pobo.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 dende o luns anterior á actividade.

Galego

A viaxe de nano

Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío: -Non!, di Nano, a auga é miña…

Bebeconto para nenas e nenos de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

Para asistir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior a actividade chamando aos teléfonos : 988 788385 /386. Só se poderán reservar 2 prazas por chamada. 

 

Galego

Anacos

As lembranzas van aparecendo nas nosas vidas sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde, calquera tarde, nos invade e nos convida a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados.

Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma.

Cando estamos en compañía tratamos de reconstruílos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.

Galego

Lúa quere viaxar a ...Marte!

Celebramos o Día do Teatro co contacontos “Lúa quere viaxar a ...Marte!” da man de A Xanela do Maxín.

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende á familia e ás amizades cunha gran nova: agora quere ir a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder viaxar ao planeta vermello. Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral