Falando a boca chea: Caxoto
TRASTENDA DOUS CONTOS é unha compañía de teatro que vira ao redor da tradición oral e a palabra falada. Nel atoparás espectáculos de narración oral para todas as idades, todas as temáticas, todas as estacións do ano... Partindo de contos, lendas, feitos históricos, tradicións, cancións... propoñémosche viaxar a outras épocas, a outras persoas... outras vidas
Pero en Trastenda non só contamos historias. Nada máis rebuscar nos nosos andeis atoparás toda unha serie de produtos e proxectos que, sen afastarse da narrativa oral, achegan propostas frescas e novas para todos os públicos.

