Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos para dar e tomar

No marco do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Miúdo estará con nós a contacontos Raquel Méndez con “Contos para dar e tomar”.

Os contos existen desde sempre para enfrentar o frío, o medo, nacen da palabra, do xesto e da voz. Son patrimonio universal dunha imaxinación colectiva de culturas diferentes.
Mediante a narración destacamos a importancia de achegar a tradición oral de contos de diferentes países para compartir realidades culturais.

Galego

Contacontos interpretado en lingua de signos

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia interpretará contos na lingua de signos para as persoas que non poden ouvir e en voz alta para as demais.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Ás 12.45h, a actriz e contadora Paula Carballeira acompañará ás persoas que queiran á Praza da Quintana onde se está a celebrar a SELIC e onde realizará o contacontos "Augas de tinta”

Galego

Non che teño medo

O conflito entre o ben e o mal está sempre presente nos contos de terror infantís e axuda a expresar as súas emocións e vencer os seus propios medos, contribuíndo a prepararse para a vida.

Contaremos historias tenras, divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o entretemento, a infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus soños.

No salón de actos. Actividade dirixida para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Hai que andar!

Contacontos que nos relatará a historia dun neno que vai vivir a unha aldea na que terá que adaptarse a moitos cambios e descubrirá a vida do rural.

No salón de actos. Actividade dirixida para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Contos para orellas abertas

Partindo de cousiñas cotiás e cercanas contaremos pequenas historias enlazadas con ditos, xogos e cancións tradicionais e algunha composta adrede para esta función.

-Público destinatario: público infantil de 2 a 5 anos (acompañados de ata 2 adultos)

-Data e hora: venres, 2 de xuño ás 18:00 horas

-Inscrición previa a partir do 24 de maio  ás 9:00 h. na web da biblioteca

Galego

Corochas. Atenea García

Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas: Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só?

Galego

Unha viaxe vivida

Lugar: salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Ramiro Neira

Sesión de narración oral que pretende que o público viaxe…

Viaxaremos facendo peregrinaxe polo Camiño de Santiago atopándonos con peregrinos e peregrinas de todas as condicións… e os albergues para descansar serán os momentos máis importantes da vida de Francisco Fernández del Riego.

Duración: 45 - 50 minutos

Galego

Unha viaxe vivida

Este sábado celebraremos as nosas letras cnha contada na que peregrinaremos por un camiño de Santiago no que as paradas e albergues serán os momentos máis sobranceiros da vida de Francisco Fernández del Riego.

Actividade pensada para nenas e nenos de 7 a 12 anos.

Para sisitir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 5 de maio a partir das 9.00 h da mañá chamando aos números de teléfono: 988 788385 ou 988 788386.

Galego

Contos no berce. Ramiro Neira

É o momento, antes de durmir, cando acabamos de o bañar ou de cear cando lle podemos contar contos, contos que o farán rir, pensar, aprender, soñar… É nese momento onde podemos compartir tantas cousas¡¡¡¡

Duración: 30 minutos

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 o luns antes da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral