Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

As escritoras contan

Contos como un xeito de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da narración dos seus relatos. A pesar de todos os obstáculos que tiveron que vencer, na historia da cultura houbo grandes escritoras. Con esta actividade de narración oral lembrarémolas e celebraremos os seus escritos.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Empanada de mamut

No cumio da montaña mora o mamut e no máis fondo do val vive Gor, o fraco cavernícola, que ten un só pensamento: facer unha empanada de mamut.

Sabéndose home de moita imaxinación e poucos recursos, Gor proponse recrutar unha tropa de cinco amigos, tan famentos coma el, para conseguir as ferramentas imprescindibles para a gran fazaña de cazar un mamut: unha lanza, un carro, unha pota e leña para o lume. A fame aguza o enxeño. E o lume, pide contos.

Galego

The king`s servant

Convidámosche ao fantástico castelo dun rei moi peculiar. Grazas ao criado do rei, o amable (e estresado) Jenkins, poderemos participar nun auténtico baile medieval.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Elas sempre contan

Elas sempre contan, escriben, pintan, imaxinan outros mundos...

Elas son escritoras que loitan por construir un mundo mellor a través da palabra.

É necesario facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.

Vide coñecer relatos das miñas escritoras favoritas...

Contos con manipulación de obxectos para nenas e nenos a partir de cinco anos.

-Data e hora: 14 de outubro ás 18 h

-Público destinatario: nenas e nenos a partir de cinco anos

-Entrada de balde ata completar aforo

Galego

Veterinario Rof

Veterinario ROF

Juan Rof Codina coma moitas outras nenas e nenos sempre quixo ser veterinario... e conseguiuno!

Para iso tivo que viaxar, aprender moito e superar moitas adversidades.

En outubro de 2022 é homenaxeado co Día da Ciencia en Galego.

-Público infantil, a partir de 3 anos

-Entrada de balde ata completar aforo

 

Galego

Ornithology

Quico Cadaval dá forma a un espectáculo a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario partindo de “Ornithology”, un dos máis populares temas de jazz. Pablo Castaño completa as progresións de Cadaval co seu saxo, reinterpretando clásicos do Bebop.

Galego

U-la titiriteira

Personaxes ficticios mostran unha realidade que padecen nenas e mozas en todo o mundo, ás que se lles nega, en diferentes grados, o pleno desenvolvemento como persoas e a consecución dos seus soños. A gatiña Lúa oponse a iso, sendo exemplo de constancia e valentía.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana do contacontos (dende luns 26 de setembro).

Galego

Cambio e conto. Raquel Queizás

Nano está moi feliz, naceu a súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela.

Pero ao chegar a noite, Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa.

Dúas sesións (anotarse nunha):

17:30

18:15

 

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana do contacontos (dende o luns 3 de outubro).

 

Galego

Unha manchea de contos

Bea Campos vainos contar unha manchea de contos para que pasedes unha tarde divertida e chea de creatividade.

-Data e hora: venres 23 de setembro ás 18:00 h.

-Entrada de balde ata completar aforo

-Público infantil a partir de 3 anos. Público familiar

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral