Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un rapaz de aldea (Percorrido polas memorias dun neno labrego)

Caxoto é un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén... E é verdade. Ao igual que Balbino, Caxoto naceu na aldea, coidou das vacas, tivo liortas con outros nenos... e cando as cousas lle bulían na cabeza tamén as apuntaba nun caderno. Era a década dos 90. No 93 un escritor veu visitar o colexio de Caxoto... chamábase Xosé Neira Vilas.

Galego

Bebeconto As viaxes de Lup

Lugar: salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Imparte: Soledad Felloza

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o nome tan longo que lle puxera a sua nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.

Lup, un día preparou a sua maleta, e foise a dar a volta ao mundo.

Un xersei, unha bufanda, uns peúgos de la, un libro de contos,unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, un chupete…un chupete!

Galego

Contando en feminino

Ana Hermida contará historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Contos tamén para concienciar e loitar contra o abuso infantil e a violencia de xénero.

Galego

Brinca Contos

Brincando no mundo dos contos atopamos acontecementos máxicos e misteriosos. O descubrimento da receita do mexunxe marrón de Testarrota causa unha grande disputa entre dúas poderosas bruxas, quen acadará a enerxía que transmite este misterioso mexunxe?. Algo lle está a acontecer a lúa e ao sol!, serán quen de resolvelo a miñoca inxenua, o vello grilo e a formiga obreira?. Preguntas as que só poderás responder se brincas con nós nestes contos, atréveste?

Galego

Aí falaches, Castel@

Comedia divertida e interactiva que mestura a representación dos textos, o diálogo co público e a creación escénica contemporánea tomando como base as viñetas de Castelao. O espectáculo, protagonizado por Oswaldo Digón e Xavi Veigas, está dirixido fundamentalmente a público adolescente e mozo. 

Galego

Camiño de historias

Camiño de historias é un espectáculo integrado por tres contos de tradición oral de varios países de fala portuguesa que abordan temas como a interculturalidad e os dereitos humanos dunha maneira amena e divertida.

En cada unha das historias, o público ten que atopar unha palabra, que sexa a esencia desa historia, e que, xunto coas outras dúas, constitúa unha «fórmula» para que a xente sexa feliz.

Galego

Contos de mouras

Lugar: salón de actos

Sara Cruz

Idade: de 4 a 12 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Contos de Mouras é un espectáculo que narra historias acompañadas de música sobre as mouras, seres máxicos de Galicia.

Galego

A princesa Sabela

Lugar: salón de actos

Iago López

Idade: de 4 a 12 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

A princesa Sabela é unha princesa que non quere ser princesa, non quere vestidos elegantes, nin que a peiteen, nin que a vistan de cousa

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral