Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

nano canta Croc

Este xoves temos outra sesisón de bebecontos para os máis pequenos da casa a cargo de Raquel Queizás cun conto musical para axudar aos nenos e nenas a verbalizar como se senten.

Nano canta Croc cando está contento pero hoxe está moi calado. Que lle pasa a Nano? ás veces non é fácil saber como nos sentimos.

Actividade para nenos e enas de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Para asistir é necesario facer inscrición previa dende o venres anterios á actividade nos seguintes teléfonos: 988 788385/386

Galego

A pitiña Cocoricoricoricó

Contos e cancións para os máis cativos da casa a cargo de Charo Pita na Bebeteca.

O arco da vella desapareceu e a lúa está triste. A pitiña Cocoricoricoricó será quen de devolverlle o sorriso á lúa?

Actividade para nenos e nenas de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Para asisitir é necesaria  inscrición previa que se pode facer dende o venres anterior á actividade chamando aos teléfonos : 988 788385/ 386

 

Galego

Chimpo de ra

Nano é o maior e dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe, e rise dela.

Nano ten celos de Nona, “Agora, -pensa-, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá”. Nano quere volver ser pequeno outra vez…

Galego

A viaxe das bolboretas

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través da páxina web

Idade de 0 a 3 anos

Lugar: ludoteca

Un vermiño vai da laranxeira ao limoeiro. 

Non é moito camiño, máis será unha viaxe apaixonante!

Un espectáculo pensado e creado para os máis cativos, con elementos sinxelos; caixas, ruídos, luces, cores... con esta pequena peza  pretendemos que os nosos nenos e nenas abran os seus ollos e os seus sentidos.

Galego

Florencio nas ondas

Unha homenaxe á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Lugar: salón de actos

Para todos os públicos

Sintoniza o programa de radio “Florencio nas ondas” para coñecer a este gran poeta galego combatente, ao que lle dedican as letras galegas neste ano 2022.

Galego

Contos en lingua de signos

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparás na nosa páxina web.

Lugar: ludoteca

Contados por Miguel e Blanca da FAXPG

Fantásticas historias contadas por especialistas en Lingua de Signos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Galego

A formiga no carreiro

Unha viaxe polas terras da Galiza, Portugal e do Brasil para contar, cantar, bailar e brincar cos contos da tradición oral e a música. A partir das cancións do libro de Zeca Afonso para crianzas (editado polas Escolas de Ensino en Galego Semente) e unha selección de contos populares queremos festexar e reivindicar a universalidade e potencialidade da nosa lingua. Reserva o teu billete! Estades preparadas?

Galego

Vendimando versos

Vendimando versos, é un espectáculo de versos e crónicas ao redor da obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha viaxe dende o Barco de Valdeorras a México. Unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente.

                            «Namórame o feitizo do tesouro

                            -fino brocado de candeas de ouro-

                             enfeite dos petrechos castiñeiros»

Duración: 50 minutos.

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Salón de actos.

Galego

O papaventos vermello. Ramiro Neira

“O Papaventos Vermello”, como se fose un bo libro, faranos viaxar por outros países, outras cidades, faranos ver outras cores, outros xogos, outras familias, outras maneiras de vivir; diferentes ás nosas, pero igual de fermosas.

Duración: 35 minutos.

Capacidade: 15 nenos/as acompañados por 1 adulto.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral