A verdadeira historia de Victoria
A verdadeira historia de Victoria toma como punto de partida un brevísimo conto popular, co que xogaremos a imaxinar, a facer hipóteses e a crear rimas para inventar novos contos, cancións e historias. Esta é a historia da vaca Victoria, pero... e se no lugar dunha vaca, Victoria fose... unha serpe, ou un coello, ou un galo, ou un lobo, ou unha solitaria velliña, ou ...?
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

