A tortoise, un can, two monsters e un picnic.
Espectáculo de narración en inglés e galego.
Espectáculo de narración en inglés e galego.
Charo Pita naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Leva contando historias de viva voz e impartindo obradoiros de narración oral e lectura en voz alta desde o ano 94, como narradora en solitario, dentro de espectáculos bilingües inglés-galego, ou en sesións nas que se combinan os contos e a música. Como escritora ten máis dunha ducia de libros publicados. Recibiu algúns premios literarios, o premio Espiral Maior de poesía no ano 2001 e no 2018, ou o Manuel Murguía de narracións breves para adultos, entre outros.
Espectáculo de narrativa oral onde tres dos mellores contacontos galegos mesturanse nun espectáculo único. A temática será o camiño de Santiago, recollendo lendas e historias peculiares, sendo o humor un dos elementos característicos do mesmo, con tres persoas que destacan pola perfecta oralidade da lingua galega: Bea Campos, Xurxo Souto e Quico Cadavla.
Contos e preguntas, preguntas en contos, un xeito de introducir a rapazada no fascinante mundo da filosofía. Un inicio á mirada filosófica e á reflexión. Damos por exemplo, a volta ao conto de Carapuchiña vermella e tramsformámolo nun relato maravilloso: a historia da Carapuchiña contada polo lobo, na que o animal, deostado durante xeracións e xeracións, por fin conta a súa versión dos feitos e preséntase a si mesmo como vítima en lugar de agresor.
É necesario apuntarse por teléfono, na biblioteca, ou a través do formulario da páxina web.
Lugar: salón de actos
Público familiar
Peregrina e Iago percorrerán corenta vilas polas diferentes rutas do camiño. Coñeceremos estes personaxes da man de Polo Correo do Vento cos que debuxaremos e contaremos historias do camiño.

É necesario apuntarse na biblioteca, por teléfono ou a través do formulario da páxina web
Lugar: salón de actos
Para nenos e nenas de 4 a 8 anos.
Obxectivos específicos
Fantásticas historias contadas por Miguel e Blanca da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.
Aforo limitado
Dentro da programación do Festival Atlántica contamos coa actuación de Fernando Saldaña e sobre todo, narrador pero tamén é meigo, actor, director, ilustrador e humorista gráfico este sábado achégase á Biblioteca co seu contacontos, Robinson e ou seu Papagaio.
Esta actividade está pensada para nenos e nenas de entre 3 a 8 anos cunha limitación de aforo máxino de 12 postos, para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386.
Dentro da programación do Festival Atlántica contamos este xoves cos contacontos de Noelia Carioca, Contacontos pola mesma razón pola que o ceo énchese de nubes polo día e pola noite papa estrelas...