Un mantel de contos
O Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 programa, en colaboración co Concello de Lalín, a actividade Un mantel de contos, que combina e pon en valor tradición oral e gastronomía da man do coñecido cociñeiro Diego López "Moli" e do famoso contador Celso Sanmartín.
Desenvolverase en dúas sesións (de 12:30-13:30 h e de 19:30-20:30 h) con capacidade limitada para 40 persoas cada unha delas, polo que cómpre reserva previa e confirmación de praza no enderezo manteldecontos.reserva@gmail.com.