Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feliz feroz

O lobo feroz recibe na súa casa ao seu sobriño o lobiño pequeniño. O lobiño vai xunto de seu tío para aprender a ser feroz.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación. 

Galego

Eu vou conmigo

Actividade de animación en torno ao libro "Yo voy conmigo" de Raquel Díaz Reguera para nenos e nenas de máis de 6 anos.

A inscrición coma sempre pódese facer chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.

Galego

Un berce cheo de contos

Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expersión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Actividade para bebés de 0 a 3 anos, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Necesaria inscrición a partir do luns 3 de febreiro na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 15 92 50 de 9:00 a 20:30h.

Prazas: 25 + 1 adulto por bebé

Lugar: Na sala de obradoiros

Galego

Recuérdame, Coco El Musical

O primeiro musical dunha das películas máis entrañables dos últimos tempos, creado e representado pola Compañía de Teatro Musical de España. Poderemos gozar das coreografías e voces de excepción de todos os seus intérpretes en rigoroso directo.
Sinopse: Miguel é un mozo que soña con ser músico e chegar a alcanzar o seu soño de ser como o seu ídolo musical Ernesto de la Cruz, pero a familia de Miguel négase a que el sexa músico por un terrible incidente coa música no pasado da familia... Miguel non desistirá ata lograr o seu soño.
 

Galego

Obradoiro sobre a lúa

O Mupega vai realizar un obradoiro didáctico sobre un dos nosos astros máis queridos: a Lúa. O obradoiro contará cunha primeira parte didáctica na que se traballarán diversos aspectos da lúa e se verán algunhas pezas do museo que se empregan para o estudo da mesma e, finalmente, realizarase unha pequena tarefa manual.

Galego

Cantajuego - Te Extiendo mi mano

Tal e como o enuncia o título do novo espectáculo, unha vez máis, o Grupo Encanto entregará ao publico unha montaxe especial baseada na solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía. Cunha esmerada selección da súa longa lista de éxitos, esta filosofía refórzase aínda máis dada a expansión a países Latinoamericanos  incluída na longa lista de cidades que visitarán nesta edición, tendendo así pontes culturais entre ambos os continentes.

 
 

Galego

Bechiños

Un coello que se mira a un espello.

Un crocodilo que sempre anda perdido.        

Un ovo moi raro cun becho agochado.

Cinco patiños que agardan durmidiños...

Cantos e contos de animais para pequenos bechiños

 

Para 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Duración: 30 minutos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral