Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Venus en el despeñadero

Venus en el despeñadero recolle o traballo de Magdalena Benavente e componse de 18 colaxes realizadas en técnica mixta e unha peza de videoarte. A artista quere crear unha sensación de inquietude no espectador a través da cor, xerando pequenos mundos en cada peza.

Galego

Nado en pedra

Organizada pola Escola de Cantería, a exposición busca poñer en valor  o traballo de temática figurativa que esta realiza e promover e conservar un dos oficios máis nobres e tradicionais de Galicia, o de canteiro. 

Galego

Betula Pendula

Betula Pendula é a última intervención artística nas Torres Hejduk. O paisaxista Martín Toimil orquestra unha intervención paisaxística con bidueiros. A acción busca amosar a dobre faciana da realidade dos bosques galegos: por unha banda, enxalzar a súa enorme beleza e por outra, advertir da súa fraxilidade, especialmente, por ser obxecto reiterado da lacra do lume. Para iso, Toimil instalou bidueiros vivos, coa propia raíz, na torre de cristal; e, pola contra, na de pedra pendurou os queimados pola última vaga de lumes que sufriu Galicia. 

Galego

Galicia universal

A Cidade da Cultura acolle  a mostra máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega. Por primeira vez poderán ser vistos nunha mesma exposición 192 obras dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos, como son  Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Fernández, Manuel Colmeiro,  Julia Minguillón, Luís Seoane, Maruja Mallo ou Eugenio Granell, entre outros. 

Galego

Visitas guiadas - Exposición Alfonso Sucasas

No marco da exposición Alfonso Sucasas. Unha revisión, no Museo de Belas Artes da Coruña ata finais de febreiro, o museo organiza unha serie de visitas guiadas que permiten coñecer en máis detalle ao artista e a súa obra. As visitas están abertas ao público en xeral, que só terá que presentarse cinco minutos antes do comezo na recepción do museo para participar. 

Galego

EmporcARTE

O Museo Municipal Ramón Aller de Lalín acolle unha actividade paralela á Festa do Cocido, a exposición EmporcARTE, que reúne pezas de 41 artistas, baseadas na figura do porco. Os porquiños protagonistas da exposición son versións que diferentes artistas fixeron deste animal, similar ao que acontece coas vacas na Cow Parade.

Galego

Personaxes

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Vilalba acolle a mostra de pintura de Carmen Prado, que leva por nome Personaxes

Prado é unha pintora autodidacta, que tras 20 anos de dedicación ao mundo do debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados realizou en 2013 a súa primeira mostra pictórica. Desde entón difundiu a súa obra por varios países, entre eles Inglaterra ou Francia. 

A exposición permanecerá aberta dende o día 8 de febreiro ata o 2 de marzo de 2018, ambos inclusive, podéndose visitar dentro do horario da Casa da Cultura.

Galego

Exposición de Raúl Velloso

Apo'strophe Sala de Arte acolle a exposición da obra de Raúl Velloso, o discípulo galego de Antoni Tàpies. 

O pintor comezou a expoñer en Vigo, nun café de encontro de pintores, en 1995. Ese mesmo ano exhibiu a súa obra na Casa Galega de Barcelona, e inmediatamente saltou á prestixiosa galería René Metras da cidade condal. A súa actividade, dende entón, foi constante en Cataluña, Mallorca, Galicia, ata que saltou a Suíza, Portugal e París. 

Galego

Con-secuencias. Colección DKV

A Fundación DIDAC e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV en tres espazos culturais de Santiago de Compostela: a Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade e a Fundación DIDAC. A exposición reúne a un total de 40 artistas, e poderá verse así en tres sedes situadas a escasos metros, nunha estratexia conxunta de dinamización cultural e colaboración.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas