Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Obra gráfica orixinal

A Sala de Exposicións de Verín acolle Obra gráfica orixinal, unha mostra linografías e xilografías composta por obras pertencentes ás series Entroido galego e Bestiario románico. As obras están inspiradas nas figuras tradicionais do Entroido no territorio e nas ornamentacións pétreas das igrexas e capelas da comarca.

Galego

Trash

Da man de La Fiambrera Art Gallery, o debuxante e deseñador gráfico galego Roberto Argüelles presenta a súa mostra Trash no marco do Outono Códax Festival.

Galego

Territorios de intimidade

Territorios de intimidade. Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975 é o nome da nova exposición do Auditorio de Galicia, inaugurada o mércores 24 de outubro. Comisariada por Rosario Sarmiento, amosa máis de 70 obras entre pintura, debuxo e escultura ademais de documentación que as contextualiza. 

Obras de 13 artistas galegas, algunhas delas inéditas, procedentes de fondos privados, e que poderán ser vistas polo público por vez primeira.

Galego

Pantoque

Pantoque. m. Mar. Parte exterior do casco do barco que, xunto á quilla, forma o fondo.

A idea primixenia de Pantoque é a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración creativa que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro. A través da observación da actividade diaria e a relación do home co feito construído e o mar, ambas as dúas linguaxes interrelaciónanse na busca dun lugar común.

Galego

Artista de la pista

David Fidalgo Omil, gañador do primeiro certame Plastika17, presenta Artista de la pista. Nesta mostra, reflexiona sobra a visión que fóra do ámbito cultural se ten do artista. Fidalgo Omil xoga co concepto de meme e emprega a ironía e o humor. 
 

Galego

Perrisco

A Galería de la Asociación de Empresarios de Polígono del Tambre acolle unha mostra da obra do artista Perrisco, na que se aprecian referencias aos movementos vangardistas e recursos próximos ao surrealismo. A súa linguaxe pictórica bota man das formas contundentes e crea imaxes nas que as contradicións son unha parte moi importante. 

Galego

Without

Without recolle obras de Julião Sarmento. O título da mostra fai referencia á polaridade que domina toda a obra de Sarmento, no que o título non di unha verdade exacta nin absoluta nin tampouco informa de todo o que se ve.

A súa exposición no CGAC é unha visión panorámica que recolle traballos arredor do sentir que se cruza transversalmente por toda a súa traxectoria, o cinematográfico. 

Comisariada por Santiago Olmo e David Barro

Galego

Bleda y Rosa

Comisariada por Nuria Enguita, Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970). A mostra articúlase arredor da serie Campos de batalla, un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente mostrado ao público ao completo por primeira vez.  

Bleda y Rosa, que recibiron en 2008 o Premio Nacional de Fotografía outorgado polo Ministerio de Cultura de España, son unha das referencias máis destacadas da fotografía española contemporánea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas