Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Without

Without recolle obras de Julião Sarmento. O título da mostra fai referencia á polaridade que domina toda a obra de Sarmento, no que o título non di unha verdade exacta nin absoluta nin tampouco informa de todo o que se ve.

A súa exposición no CGAC é unha visión panorámica que recolle traballos arredor do sentir que se cruza transversalmente por toda a súa traxectoria, o cinematográfico. 

Comisariada por Santiago Olmo e David Barro

Galego

Bleda y Rosa

Comisariada por Nuria Enguita, Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970). A mostra articúlase arredor da serie Campos de batalla, un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente mostrado ao público ao completo por primeira vez.  

Bleda y Rosa, que recibiron en 2008 o Premio Nacional de Fotografía outorgado polo Ministerio de Cultura de España, son unha das referencias máis destacadas da fotografía española contemporánea.

Galego

Agora Ágora

O Museo Granell inaugura a exposición Agora Ágora. Nin caricia, nin mimo para a emoción orixinal, que recolle o traballo de Denís Estévez, realizado durante a súa estancia na Fundación Granell entre xaneiro e setembro de 2018. 

O artista define este proxecto plástico como un conxunto de retratos sobre a soidade en sociedade, sobre as persoas que por unha razón ou por outra están apartadas dentro das urbes.

Galego

A fronteira infinda

Unha mostra de arte que fala da emigración: A fronteira infinda selecciona entre as obras creadas ao longo do século XX por algúns dos artistas de referencia galegos, desde Castelao a Isaac Díaz Pardo ou Luís Seoane, para atopar aquelas obras que teñen representado  pegada da experiencia migratoria desde fóra das fronteiras galegas. 

A exposición abrirá cunha visita guiada polo comisario da mostra, Carlos Bernárdez o 4 de outubro, ás 20.00 horas (gratis previa inscrición). 

O programa complétase cunha serie de actividades para escolares:

Galego

AAMA

O Edificio Castromil, o Cine Zárate, o Club Casino de Ortigueira... Todos eles son edificios que ocuparon rúas e prazas dalgunha localidade galega e que nalgún momento desapareceron. Agora son tamén os protagonistas da última intervención nas Torres Hejduk, que rescata a arquitectura galega desaparecida ou transformada, lonxe dos grandes relatos arquitectónicos presentes na contorna. 

Galego

A dobre páxina

A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo é un diálogo artístico entre obra visual-obxectual e poesía discursiva dos dous artistas, a través dun proxecto expositivo no que interactúan a poesía discursiva e a poesía obxectual. O libro, a plataforma clásica da palabra, é agora o soporte físico das intervencións, tensións e conversas entre ambos os artistas, creando libros-obxecto de fondo valor literario e estético.

Galego

Retratos alegóricos

Retratos Alegóricos completa o proxecto que comezou en 2013 con Retratos con Alegoría. Nesa mostra, J. Méndez, inspirado na iconografía do escritor renacentista Cesare Ripa sobre as virtudes, paixóns e vicios do ser humano desde a antiga Grecia, lle propoñía a corenta artistas que se identificase cunha das iconografías para ser retratado como tal. Nesta ocasión, J. Méndez pretende dar maior relevancia ao ovo, presente constantemente na obra de Méndez como elemento estrutural perfecto e con repercursións culturais de carácter universal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas