Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Viae Ad Limina Sancti Iacobi

Viae Ad Limina Sancti Iacobi é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición non só sorprende pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade, a caligrafía que os acompaña ten o estilo propio do autor. Redactadas e escritas por el mesmo con pluma seguindo un estilo histórico, confírenlle un aire melancólico ao percorrido por estas vilas e cidades representadas na sala expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Galego

A colección na casa. Mersad Berber

A colección na casa. Mersad Berber realiza unha microanálise da obra Homenaxe ao pintor Vlaho Bukovac I. Nesta creación, Mersad Berber homenaxea a Vlaho Bukovac, un recoñecido pintor iugoslavo próximo ao impresionismo.

Enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.

Galego

A colección na casa. José Manuel Ciria

A colección na casa. José Manuel Ciria presenta unha microanálise da obra Gilgamesh do pintor, dentro da mostra Fora de Foco. Artistas foráneos na Colección de Arte Afundación. 

Enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.

Galego

Sempre marzo

Ante unha ateigada audiencia que encheu por completo a sede de Vigo a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados provinciais, do director da Editorial A Xanela, Xosé Manuel Calviño, e da coordinadora literaria, Yolanda Castaño, abriron a mostra "Sempre marzo", que pode visitarse na nova sede de Vigo da institución provincial ata o 14 de abril. No acto de apertura tivo lugar un recital poético a cargo de María Lado, Helena Villar e Yolanda Castaño, e a pianista, Katia Linke, interpretou as pezas Playing Love, Preludio e True colors.

Galego

Vendidos

ngel Soldevilla e Luis Vecino xúntanse nun novo proxecto creativo vencellado, nesta ocasión, ao uso  das novas tecnoloxías. Montaxes dixitais ou a creación de videoxogos son parte desta iniciativa que nos invita a reflexionar sobre algún dos problemas do Século XXI.

Galego

Rafael Úbeda. Cromatismo expresivo

Dende a experiencia que lle proporciona a súa continuada e sólida posición como artista,  Rafael Úbeda encóntrase, actualmente, nunha etapa na que afronta a creación, trazando unha realidade nunca vista,  inmerso no seu particular  mundo plástico sonoro, de atrevidas sucesións de formas, equilibrios e contorsións. O propio pintor expresou nalgunha ocasión: “ ...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas