Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Fragmentaria. Jose Perozo 2019

Fragmentaria es el resultado da iniciativa Artista en Residencia 2019 da Fundación Eugenio Granell. Unha exposición de escultura de Jose Perozo que mostra unha vintena de elementos, inspirada na construción del carácter e a personalidade humanas. Ademais del taller del propio artista, as pezas foron realizadas na Fundación Granell, en Sar Cerámica e en Escenoset S.L.

Galego

Homenaxe a Amparo. Retratos de compañeiros no exilio e outros 2019

Esta mostra iníciase na Sala Amparo da Segunda planta do Museo Granell. O pintor, autodidacta, mostra que non soamente triunfou no surrealismo senón que, igualmente, tiña un ollo incrible á hora de retratar a Amparo, a súa musa, así como a varios dos seus amigos do exilio.
Na República Dominicana, primeiro lugar no exilio, Granell empeza a pintar e debuxar dedicando un gran número de debuxos á súa nova musa: Amparo. A maioría dos debuxos son en tinta ou lapis sobre papel. Igualmente móstranse óleos de interiores  e outros que evocan a vida caseira.

Galego

I Encontro – Nortear Ilustrado San Simón 2019

Venres 20

12:30h: Inauguración oficial.

15:30h: Comezo do encontro: presentación entre os ilustradores e definición do proxecto.

17h a 21:00h: Creación libre.

 

Sábado 21

10:00h a 14:00: Proceso de produción das serigrafías.

16:00 h: Recepción alumnado Escolas de Artes A. Failde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña e do Marter do Grao de Belas Artes de Pontevedra.

16:00h: Charlas de Fran bueno e Laura Cortés.

17:30h: Explicación de Fátima Bravo e Eduardo Porto.

Galego

As nosas letras de Muller a Muller

A artista compostelá Mareiras presenta en Vigo 'As nosas letras de Muller a Muller', o seu primeiro libro, no marco da Feira do Libro que se celebra na cidade do sur de Galicia do 27 de xuño ao 6 de xullo. Faino cunha exposición que se poderá visitar no espazo común da feira —situada na rúa do Príncipe— durante o tempo que dura o evento.

Galego

Exposición 'In No Meaningful Way', do escultor grego Thomas Apostolou

A idea do caos e da aleatoriedade son os dous eixos que articulan a exposición 'In Non Meaningful Way', do escultor grego Thomas Apostolou.

A mostra profunda na nova obra de Apostolou, realizada desde o seu traslado á comunidade, a través dunha serie de esculturas con texturas que viran sobre a idea do sen sentido e o que visualmente parece unha inxenuidade. A experiencia do público é clave, en liña coa visión do artista do seu traballo como un sistema de aprendizaxe. 

Galego

Chema Montenegro

A cafetería Detrás do Marco acolle unha mostra de pintura de Chema Montenegro. A obra exposta divídese en dúas partes. Por unha banda, conta cunha exploración do mundo aéreo e espiritual. Por outro, aborda unha natureza que berra cando lle causan mal e que conecta co onírico.  

Galego

Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación

A mostra expón a confluencia entre música e pintura, con 50 pezas excepcionais das coleccións de arte ABANCA e Afundación. Un percorrido polas obras de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada, entre outros artistas nacionais e internacionais. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas