Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Verquidos

A exposición, comisariada por Miguel Mont, é unha selección de 60 pezas da obra realizada pola artista viguesa nos últimos dez anos, unha etapa na que se explorou a relación entre o debuxo e a pintura, entre a dimensión xestual e os distintos tempos e temporalidades de aplicación. Vinte das pezas están realizadas con técnica mixta e acrílicos sobre lenzos e proveñen de coleccións públicas como a Fundación Aena, a Deputación da Coruña ou a Fundación Abanca; mentres que as corenta restantes correspóndese con series de debuxos sobre papel.

Galego

O gravado na arte galega contemporánea

A exposición permite gozar do traballo destes referentes da arte galega na súa incursión polo gravado: unha linguaxe plástica moi utilizada en toda a historia da arte que, na actualidade, configura unha disciplina autónoma con moitos seguidores no eido da creación contemporánea, pero que tamén tivo, en tempos, unha consideración inferior, baseándose na súa vinculación cun oficio concreto ou cun xeito de elaboración artesanal que non identificaba o estampador co artista.

Galego

Manuel Colmeiro (1901-1999)

Partindo de tres estudos inéditos realizados por Manuel Colmeiro nos anos trinta para un mural, a exposición profundará a evolución do autor desde unha pintura simbólica a outra en que prevalece a autonomía da pintura sobre o tema, facendo fincapé na modernidade da súa opción.

Para presentar esta evolución mostraranse os seus temas máis recorrentes: o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato, facendo ver a convivencia do primitivismo cun certo clasicismo, que se pon de manifesto tanto nos temas como na plasmación plástica.

Galego

Juan Uslé. Luz escura

Desde 1997 Juan Uslé (Santander, 1954) non deixou de traballar nunha serie de cadros que se coñecen como as súas pinturas negras e que ocupan un lugar central no conxunto da súa obra.

Nas xa cincuenta pinturas da serie Soñé que revelabas, a maioría executadas de noite, Uslé leva a cabo unha disquisición atenta e reflexiva sobre as condicións estruturais da pintura e do proceso de pintar.

Galego

Mark Manders

Mark Manders (Volkel, Países Baixos, 1968) é un dos artistas internacionais máis relevantes das dúas últimas décadas e autor dun dos corpus de traballo máis persoais de cuantos poden verse no concerto internacional.

Ademais de representar o seu país na 55.ª Bienal de Venecia, realizou exposicións en moitos dos museos e centros de arte máis importantes do mundo e participou en Documenta 11 en 2002.

Unha variación do traballo que presentou na cita de Kassel estará presente no Dobre Espazo do CGAC.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas