Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Acuarelas de Fernando Villalba

Fernando Villalba ten claras aptitudes, a pesar de non dedicarlle á súa vocación o tempo que quixera, pero adoece dunha proxección axeitada. Artista, galego de adopción, cun talento indiscutible aplicado a unha técnica pictórica tan complexa como delicada e inmediata e tamén menos presente na produción artística de moitos creadores contemporáneos.

Galego

O bodegón oculto. A naturaleza morta na arte contemporánea galega

A mostra, composta por obras das coleccións de Afundación e Abanca, permite revisar a tradición pictórica da arte galega desde o xénero da natureza morta. Aínda que, nos seus inicios, o bodegón foi considerado un xénero menor, converteuse nun dos xéneros elementais na evolución da pintura galega e mesmo occidental, pois nel maniféstase, de xeito ben acusado, a experimentación estilística que levou á Modernidade.

Galego

Rayuela

Unha serie de obras de artistas do talle de Antonio Saura, Antoni Tápies, Eusebio Sempere, Pablo Palazuelo, Luis Gordillo ou Rafael Canogar, entre outros, están presentes nesta exposición, como un recordo á desaparecida galería madrileña Rayuela, unha das principais promotoras nos anos 70 de divulgar a arte contemporánea con edicións serigráficas dos autores máis destacados da época.

Galego

Vinte x 20

Un total de 20 acuarelas en diferentes formatos onde as tintas e o lapis acompañan ao auténtico protagonismo da acuarela, impregnando o algodón dos lenzos de documentos actuais dispares, froito do último ano e medio de traballo.

Catoxo aproveitará os sábados para debuxar ao aire libre e con quen queira acompañalo, na contorna do museo ou na sala mesma.

Galego

Escombros

O traballo de Ángela de la Cruz nútrese tanto de referencias culturais e artísticas coma a pintura de Goya, a arte povera ou os escritos de Jacques Derrida, como de elementos biográficos ou a reflexión sobre o feito pictórico e o espazo. Dende finais dos anos 90 participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e o seu traballo está representado en coleccións como a Fundació La Caixa de Barcelona, Moderna Musset de Estocolmo, National Gallery of Vitoria de Melbourne, Tate Collection ou, en Galicia, Fundación Barrié.

Galego

Mirar con tacto

É a primeira exposición permanente de arte accesible de Galicia.

Trátase dunha iniciativa pioneira resultado do compromiso da Fundación María José Jove e da Obra Social La Caixa para promover a integración das persoas con diversidade funcional e tamén unha importante ferramenta para a educación e sensibilización do público xeral cara ás persoas con discapacidade.

Galego

Instinto animal de Philip West

Con esta mostra, realizada con obras dos fondos do Museo, a Fundación Granell continúa a súa actividade expositiva que  conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Revisar a obra de Philip West, supón un exercicio de complicidade co discurso vital do propio creador. O relato sérvese nun corto período de tempo, como unha película corta na que o principal protagonista é o artista camuflado, fundido en animais, polos que non sentía un especial aprecio.

Máis información

 

Galego

A voz do tradutor

The Translator’s Voice [A voz do tradutor], explora a cambiante relación entre linguaxe e identidade no contexto da globalización. O proxecto formula en que medida a crecente necesidade de traducións en todos os niveis da vida social, económica e cultural, pode ser considerada non só un desafío ou unha ameaza, senón tamén unha fonte de creatividade e experiencia, e ao mesmo tempo lugar de actividade subversiva e crítica.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas