Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Anonio Murado. Intimidade abstraída

Antonio Murado, artista recoñecido de maneira unánime por parte da crítica, vive e traballa en Nova York, onde ten o seu estudio. Na actualidade, a súa obra está presente en importantes coleccións públicas e privadas de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional coma no estranxeiro.

AM 34 x 24 Vol. I articula unha serie composta por un cento de obras de idéntico formato. Trátase dunha revisión daqueles temas que forman parte do seu particular universo pictórico e que nos achegan á súa intimidade máis descoñecida, onde o lenzo se converte en verdadeiro testemuño autobiográfico.

Galego

Luís Seoane. Voar por riba dunha torre de marfil

Con esta mostra, a Fundación Eugenio Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015). Esta exposición forma parte da colaboración establecida entre a Fundación Eugenio Granell e a Fundación Luis Seoane, completando un ciclo expositivo que fixo posible a realización da mostra Eugenio Granell. O regreso dos amantes, que se puido visitar o pasado verán na Fundación Luis Seoane.

Galego

Spirou, de Champignac a Pontevedra

O autor Kiko da Silva é o coordinador dunha mostra de importantes dimensións que estará instalada no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A exposición "Spirou, de Champignac a Pontevedra" ten unha longa lista de artistas convidados (máis de setenta obras de autores, alumnos e nenos de Galicia xunto con autores convidados doutros puntos de España): Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Miguel Porto, Alberto Guitián, Norberto Fernández, Victor Rivas, Jano, José Domingo, Tirso Cons, Martín Romeu, Emma Ríos, Manel Cranio, Pinturero, etc. 

Galego

Intertextual_Canaval

Intertextual parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal. A proposta nace da necesidade de configurar lugares para proxectos que ofrezan aos artistas a oportunidade de producir obras específicas, a partir da recreación e consolidación dun espazo que ofrece un lugar privilexiado, tanto polas súas dimensións e características coma polo tránsito continuo de visitantes, para a visibilidade dos proxectos.

Galego

Embalaxes

Leandro Sánchez naceu en Palma de Mallorca onde realizou os estudos de Belas Artes e Historia, así como, técnicas de pintura e modelado. Despois de 43 anos de aprendizaxe e oficio na restauración, pasou a ser o responsable das restauracións levadas a cabo no Museo de Santa Teresa en Ávila. En 1999 abandona o mundo da restauración para embarcarse no mundo da pintura. Despois de varios anos pintando realismo, evolucionou para pintar abstracto e colocar detalles de realismo en cada obra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas