Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Exposición: "Entre as sombras voltarei acompañado" de Vicente Blanco

A Galería NÉBOA inaugura a súa tempada expositiva coa mostra “Entre as sombras voltarei acompañado”, segunda exposición individual do artista Vicente Blanco (Cee, 1974) no espazo lucense. O proxecto, comisariado por Pedro de Llano Neira, forma parte de #ABERTO2025, a gran apertura conxunta das galerías pertencentes á Asociación CONTEMPORÁNEA, que converterá Galicia nun territorio común de encontro coa arte contemporánea entre o 18 e o 20 de setembro.

Galego

A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

Coincidindo coa dedicación do Día das Artes Galegas de este ano 2025 por parte da Real Academia Galega de Belas Artes á figura do artista Isaac Díaz Pardo, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo, comisariada polo seu fillo Xosé Díaz Arias e en colaboración co equipo técnico facultativo do Museo de Belas Artes da Coruña.

Galego

Flectoralia de J. Perrisco

O Concello de Teo acollerá do 17 de xaneiro ao 7 de febreiro a exposición de arte Flectoralia, do galego Juan Perrisco. A inauguración desta exposición será o vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 19.30 horas no Auditorio Municipal e permanecerá alí ata o 7 de febreiro. O acceso será gratuíto para que a veciñanza poida desfrutar destas obras.

Galego

Gramática de superficie

"Gramática de Superficie" é o título da primeira exposición individual de Andrés Rivas Rodís na Galería NÉBOA. O elemento “superficie”, implicado tanto no proceso como na visualización das obras, constitúe precisamente, o fío condutor de toda a mostra. A superficie como capa externa desprotexida e base para a inscrición (de aí a súa relación coa escrita) é o soporte sobre o que, inconsciente ou premeditadamente, deposítanse todo tipo de elementos dun xeito xeolóxico, estratificados e remitíndose constantemente uns aos outros.

Galego

Néboa de estío

O venres 5 de xullo a Galería NÉBOA inaugura a mostra colectiva "NÉBOA DE ESTÍO" dos artistas Carlota Pereiro (Santiago de Compostela, 1988), Vicente Blanco (Cee, 1974) e Sabela Eiriz (Lugo, 1991).

Galego

Andamiajes domésticos

A Fundación DIDAC inaugura a exposición «Andamiajes domésticos» [Estadas domésticas], da artista mexicana Hisae Ikenaga. Comisariada por Mónica Maneiro, a mostra parte dunha grande instalación creada especificamente para o espazo de DIDAC, acompañada de pezas cerámicas e obras de parede. A través delas, Ikenaga reflexiona sobre os obxectos, os seus usos e as estruturas, visibles e ocultas, que conforman os espazos domésticos e urbanos. A exposición poderá visitarse ata o 29 de xaneiro.

Galego

Marionetas do mundo

Cedemos o espazo para realizar esta exposición que nos propón unha viaxe por África, Asia, Europa, América e Oceanía a través das súas marionetas, títeres e teatros de sombras.

Un percorrido pola diversidade das formas de representación e polas diferentes estéticas, técnicas e tradicións que cada cultura desenvolveu para dar vida á materia e contar historias.

Galego

Facer aparecer

Facer aparecer propón un percorrido sensible e íntimo a través de tres propostas artísticas que se presentan como ensaios colectivos dun nosoutras: Crías, de Xiana do Teixeiro; O canto das Cecilias, de Cecilia Barriga; e Puta Mina, do LAAV_ e o Colectivo Puta Mina.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición