Begoña Caamaño, activista: mover os marcos, cambiar de xogo
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica Begoña Caamaño, activista: mover os marcos, cambiar de xogo, unha homenaxe á figura de Begoña Caamaño, xornalista, narradora e activista comprometida coa defensa dos dereitos sociais e da cultura. A exposición reivindica o seu papel no xornalismo crítico e na participación en diferentes movementos sociais e sindicais, así como a súa defensa dos medios públicos ao servizo da cidadanía, nun percorrido que lembra unha traxectoria marcada pola coherencia e o compromiso.

