ADN da Unidade
O proxecto artístico O ADN da Unidade chega ao Instituto Europeo Campus Stellae, situado na Praza da Quintana, no corazón de Santiago de Compostela, a través dunha intervención mural que combina arte contemporánea e técnicas tradicionais da arquitectura.
A proposta, desenvolvida por un equipo de catro creadoras —María Romero, Eva Villar, Paula Sánchez e Paloma Soriano—, transformará un dos muros do vestíbulo nunha obra que conecta arte, tradición e natureza. O proxecto sitúase na intersección entre paisaxe, identidade, xeometría e procesos creativos contemporáneos.

