Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Lluís Hortalà. Ante a Lei

Lluís Hortalà (Olot, Xirona, 1959) xoga co engano e a confusión da mirada, mergullándose na arte do trompe l’oeil. Centrándose coidadosamente no detalle, incide nunha pintura realista ata o extremo, que é mimética coas texturas e os brillos, capaz de reproducir visualmente o tacto e, ás veces, a temperatura fría das pedras. Nesta pintura parece que non hai nada máis ca técnica; iso si, impecable. Non obstante, por detrás da técnica afloran o sentido e os significados.

Galego

Zweisamkeit

Cedemos o espazo para esta exposición organizada por José Manuel Pérez Pena. Para referirse á soidade, en alemán a palabra máis común é Einsamkeit. E do mesmo xeito que sucede coa nosa soidade, aquel termo pode ter significados tanto positivos (no caso dunha soidade buscada) como negativos (caso contrario). Pero en alemán tamén existe outro termo, para o que non temos un equivalente galego, a saber, Zweisamkeit (unha especie de soidade compartida) que sempre conleva emocións positivas.

Galego

Os labirintos da mente humana

Esta mostra bibliográfica reúne unha selección de ensaios de psicoloxía e neurociencia, xunto con obras de narrativa, que exploran os misterios da mente humana: como percibimos, lembramos, sentimos e tomamos decisións. A través de miradas moi diversas –desde a investigación científica ata as historias de ficción– estes libros abordan temas como a conciencia, a identidade, as emocións, os trastornos mentais ou a influencia do contexto na nosa conduta.

Galego

Entre contos e versos... mil universos

A rima é un elemento básico para as crianzas porque melloran a linguaxe, tanto expresiva como comprensiva e benefícialles na súa capacidade de memoria, xa que enriquece a súa habilidade de lembrar. Ao escoitar as rimas, aprenden como se combinan os sons para formar as palabras e as frases e entenden o ritmo da lingua. Algunhas investigacións amosan que é un instrumento moi poderoso para a aprendizaxe da lectura. Ofrecésmosvos aquí unha pequena mostra de contos rimados que se suman á nosa colección de poesía infantil.

Galego

O arquivo de Barro

A Fundación DIDAC presenta O Arquivo de Barro, unha exposición baseada no arquivo do deseñador galego Pepe Barro, depositado na Fundación desde 2024. A mostra permite coñecer a súa traxectoria desde os anos setenta ata hoxe, destacando proxectos de deseño editorial e identidade visual, así como a súa labor como cronista da historia de Galicia. Durante a exposición haberá relatorios e conversas, comezando o 22 de xaneiro con Suso de Toro. O proxecto conta coa colaboración do Ministerio de Cultura, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición