Exposición de pinturas
Este mes teremos no primeiro andar da biblioteca unha mostra de pinturas de Mª del Carmen Ferreiro Fernández.

Este mes teremos no primeiro andar da biblioteca unha mostra de pinturas de Mª del Carmen Ferreiro Fernández.
O primeiro andar da Facultade de Filoloxía acolle dende o 25 de setembro a exposición A Emoción creadora. Manuel Gómez Román e a arquitectura galeguista, que percorre a traxectoria do arquitecto vigués, referente do galeguismo e expoñente da arquitectura rexionalista galega.
Fotografías de Manuel Valcárcel «Piro». O Kumbh Mela, que significa «Encontro do Cántaro», é a maior celebración relixiosa do mundo dentro do hinduísmo. Cada ciclo congrega devotos nas cidades sagradas de Prayagraj, Haridwar, Nashik e Ujjain para realizar o snana, o baño sagrado, e así buscar a purificación, o perdón dos pecados e a liberación espiritual (moksha). Entre o 13 de xaneiro e o 26 de febreiro de 2025, tivo lugar un Kumbh Mela excepcional en Prayagraj, recollido en imaxes por Manuel Valcárcel «Piro», un acontecemento que non se repetirá ata dentro de 144 anos.
Un Breviario é un resumo dunha obra extensa. Tamén é un libro de memoria, ou un libro de apuntamentos. Nesta ocasión o Breviario de Tamara Feijoo é unha pequena colección de pezas que funcionan como mostras e experimentos pictóricos. Trátase de escollidos espazos de pensamento sobre a propia pintura, ensaios de taller, recorrencias e descartes, que dan forma a unha imaxinería persoal que funciona como resumo de toda a súa traxectoria.
A mostra está comisariada por Mónica Maneiro, directora artística da Fundación DIDAC.
O vindeiro xoves 25 de setembro ás 19:00h horas a Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición De arriba para abaixo e de dentro para fóra do artista Iago Fernández Díaz, un proxecto comisariado por Eduardo Valiña que poderá visitarse ata o 17 de xaneiro do vindeiro ano.
A Biblioteca colabora con Fonmiñá Grupo Fotocinematográfico cedendo o seu espazo na inaguración da exposición:
"90 anos de radio en Lugo. A radio da nosa vida. A nosa vida na radio"
Intervirán Tonina Gay, Paco Rivera, Chema Vázquez Losada, Xulio Xiz.
Lembranza de Marcial González Vigo.
Lugar: sala de exposicións da biblioteca
Hora: 17:30 h.
Posteriormente proxección da película: "A solas con Farid"
A biblioteca énchese de outono. As follas que caen das árbores convértense en alfombras douradas e as follas dos libros lévannos a soñar con novas historias. Nesta mostra atoparás contos que cheiran a bosque, a choiva suave e a tardes acolledoras. Unha invitación para ler e descubrir a maxia desta estación tan especial.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.
Un proxecto artístico concibido e dirixido por Carlos Martínez Casanova e Ana Dorrego, que propón unha revisión visual, simbólica e crítica dalgunhas das obras máis icónicas da historia da arte occidental.
Celebramos o 30 aniversario do Festival Internacional Galicreques con esta mostra que recolle monicreques e marionetas do mundo que nos acompañaron todos estes anos, así como fotografías de moitas compañías que participaron e grandes espectáculos nacionais e internacionais. Tamén estará exposta unha colección cos carteis das pasadas edicións do festival, dende 1996 até a presente edición 2025.
Esperamos que desfrutedes tanto coma nós deste tradicional e familiar evento que nos acompaña todos os outubros en Santiago de Compostela.
Phygital Land explora a construción do espazo virtual desde a dimensión física, reflexionando sobre como percibimos o dixital e o tanxible cando ambos mundos se entrelazan. O termo phygital —que combina physical (físico) e digital (dixital)— define unha experiencia híbrida que atravesa toda a intervención e nos convida a repensar a relación entre o natural e o tecnolóxico. Empregando técnicas como a fotogrametría e a impresión 3D, xéranse esculturas que son ao tempo datos e materia, así como proxeccións animadas que revelan a mirada da máquina.