Ama con orgullo
Na biblioteca Ánxel Casal sumámonos un ano máis á celebración do Día do Orgullo cunha escolma variada de ítems de temática LGBT. As súas orixes remóntanse ao verán de 1969, cando o día 28 do mes de xuño produciuse un enfrontamento entre a policía e os asistentes a un popular bar gay chamado Stonewall Inn, no Greenwich Village de Nova York. As redadas policiais, que eran habituais e a miúdo inxustificadas,derivaron en fortes protestas espontáneas que se estenderon durante varios días.

