Boutique Amparo
A exposición Boutique Amparo, comisariada por Eduardo Valiña forma parte das mostras conmemorativas do trinta aniversario do museo.

A exposición Boutique Amparo, comisariada por Eduardo Valiña forma parte das mostras conmemorativas do trinta aniversario do museo.
Esta mostra supón un percorrido expositivo polas diferentes etapas artísticas e vitais de Eugenio Granell dende a súa vinculación con Galicia como referente de moitas das súas producións ao longo de toda a súa vida, neste senso faise unha alusión especial á obra do seu irmán, Mario Granell.
O século pasado marcou un punto de inflexión na historia da arte co xurdimento de correntes de investigación dedicadas á artista feminina, unha presenza moitas veces silenciada e esquecida nos grandes relatos canónicos. Grazas a estas inquedanzas, emerxeron figuras académicas clave que, coa súa visión pioneira, impulsaron a creación dunha historia da arte feminista, abrindo camiños para unha narrativa máis xusta e completa.
Exposición de pintura e escultura do artista Xaquín Chaves.
Exposición da polifacética artista portuguesa Francisca Aires Mateus.
Nesta mostra, Aires reflexiona sobre o concepto de tradución: un proceso que permite comprender mentres altera o significado orixinal da mensaxe.
A exposición está feita en colaboración con Appleton – Associação Cultural.
Ás 12.30 horas do día 24 de maio, e como parte da programación da VI edición de Plataforma, Festival de Artes Performativas, terá lugar a performance titulada LN Performance, protagonizada pola propia artista.
Nesta exposición, enmarcada nos actos do 30 aniversario da Asociación do Traxe Galego, reuniranse entre quince e vinte traxes antigos completos, ou semicompletos, das catro provincias galegas.
Máis de 100 prendas xuntas no mesmo lugar. Así mesmo contarase tamén con réplicas exactas de prendas antigas, das que só se ten coñecemento por fotos ou porque o seu estado de deterioro non permite que sexan expostas.
Trátase dunha mostra de fotografías inspiradas na novela gráfica Os suicidantes de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero, unha distopía ambientada en Compostela, co fin de celebrar o Día das Letras Galegas. Esta actividade conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Do 4 ao 30 de xuño no vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.
A presenza do lobo en Galicia ten tanta importancia que aparece tanto na mitoloxía como na toponimia ou na tradición oral. É polo tanto un símbolo da nosa cultura ao que se intenta garantir unha presenza mínima na terra. Pero é difícil acabar cos prexuízos que o acompañan mentras non desapareza a súa condición de figura mítica no noso imaxinario colectivo.
Escoitemos mentres tanto ao lobo nesta relación de novelas e contos clásicos e outros actuais nos que se altera a súa condición de personaxe perigoso nun ser sentimental, reflexivo e mesmo un ecoloxista.
Exposición das artistas madrileñas Consuelo Chacón e Patricia Mateo e o artista, tamén madrileño, José Luis López Moral.
Este proxecto multidisciplinar, que transita fotografía, pintura, vídeo, instalación e son, adéntrase dende a arte, a experiencia e a natureza no universo das meigas, do patrimonio botánico e da tradición galega, no imaxinario das lendas e das supersticións, nos saberes populares que tan firmes alicerces teñen construído na cultura senlleira do noso país.
"Esculturas do vento. Entre a fe e a fantasía nos tellados de Compostela" é unha mostra dedicada ao fascinante mundo das gárgolas compostelás.