Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Afterglow

A exposición Afterglow introdúcenos nun lugar de ensoñación onde todo semella estar detido... A quietude da imaxe, a serenidade da escena, o equilibrio do formato, a permanencia do negro...

A montaxe expositiva definiuna Covadonga Barreiro cunha selección de catorce fotografías, enmarcadas en caixas de luz, vencelladas cunha proxección de video emitida fronte a un texto de J.L. Borges.

Galego

Novas Direçôes

Novas Direçôes é a poesía do jazz unha tradución daquilo que atravesa o corazón do home. “Alegría ou desespero” Escritura do ollar, a través de jazz e flamenco. Aquí a pintura pulsa, transpira, respira por unha beleza convulsiva. Aquí o marabilloso é accesible a todos capaz de espertar o noso imaxinario para alén.

Novas Direçôes é un asunto de perfección da tradición oral, pásase ao visual, tentativa de transcender o real.

Galego

Salvador Dalí, contador de historias

Unha das facetas máis descoñecidas de Salvador Dalí (Figueres, 1904-1989) é a de gravador. Do mesmo xeito que na pintura, na arte gráfica Dalí plasmou a súa persoal iconografía, deixando nas súas estampas unha obsesión polos detalles.

As imaxes que nos ofrece nesta exposición explican a comedia humana, o comportamento ridículo, pero non menos real, do home no mundo e na historia.

Galego

20 poemas en remanso

Malpica de Bergantiños estreita lazos coa localidade portuguesa de Avintes grazas a unha interesante colaboración cultural. O traballo conxunto da poetisa Carmen Muñoz Fernández, estremeña afincada en Malpica dende hai vinte anos, e do fotógrafo luso Pereira Lopes deu como resultado o libro 20 poemas en remanso, cunha primeira e reducida edición que xa está esgotada, e unha exposición homónima.

O fotógrafo Pereira Lopes, que expón fotografías paisaxísticas de Fisterra, Mera, Cecebre, Porto, Avintes e outros lugares dos dous países.

Galego

Camiño. A orixe

Emprender unha viaxe que nos devolva ao minuto un, ao xermolo, á causa primixenia dun fenómeno histórico e cultural que perdura ata os nosos días: o da peregrinación. Este é o convite que realiza a Cidade da Cultura de Galicia coa exposición Camiño. A Orixe, un proxecto dirixido por María García-Alén e que presenta unha selección de 150 obras de arte e once intervencións artísticas que ofrecen unha visión contemporánea da ruta xacobea. 

A entrada á exposición será de balde a partir do 1 de setembro.

Galego

Festival das Artes

A partir das 17:30 horas poderáse acceder ás exposicións de distintas disciplinas artísticas (pintura, fotografía, escultura, ilustracións, talla de madeira,...)

Tamén se contará coa presenza de varios dos artistas e con escritores que presentan as súas últimas obras.

Ás 19:30 horas comezará un recital poético-musical que porá fin ao Festival das Artes.

Galego

Instrumentos musicais con historia

Laúdes, violas, salterios, arpas, rabeis…

Desde o laúde de Ziryab que provocaba envexas na corte da afastada Bagdad, a cítara regalada como tesouro a Afonso X o Sabio, ou o billete que levaba impreso unha viola de teclas como símbolo de identidade nacional, ata o que foi un dos primeiros instrumentos de músicos ambulantes, a zanfona, a exposición cóntanos pequenas historias sobre o papel que desempeñaron estes instrumentos nas vidas cotiás dos nosos devanceiros.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición