Debuxos orixinais do número dous de ECOMIC
A biblioteca acolle unha exposición para gozar destes traballos.

A biblioteca acolle unha exposición para gozar destes traballos.
O persoal da biblioteca realizou esta exposición para mantela durante todo o mes de xaneiro, por mor da celebración o 30 de xaneiro do Día da Ilustración.
Exposición das fotografías galardoadas e finalistas do III Concurso Lendo en Compostela.
Realizada polo persoal da biblioteca para conmemorar o aniversario do seu nacemento o día 30 de xaneiro, data que desde o pasado ano está recollida no Calendario do Libro e da Lectura, como o do Día da Ilustración, faceta brillante do intelectual rianxeiro.
Horizonte é a posta en escena no marco do Museo do Mar de Galicia en Vigo dunha selecta colección de pinturas en gran de formato que desde o 2000 veñen conformando a voz pictórica de Xaquín Chaves.
Trátase dunha selección de obras alusivas ao mar, ao marítimo, mais tamén ao horizonte, como elemento identificativo da obra deste autor.
Nesta exposición, que se presenta por primeira vez no Museo de Pontevedra, pódese contemplar unha selección dos mellores xoguetes e fabricantes españois dos séculos XIX e XX pertencente á colección Quiroga-Monte.
Nela o visitante poderá facer un percorrido por unha parte da historia contemporánea de España a través dos seus xogos e xoguetes, xa que estes constitúen un fiel reflexo dos comportamentos, costumes, modas, sucesos e inventos ocorridos entre os anos 1880 e 1980.
O proxecto consiste na realización dun ciclo de exposicións de beléns temporais en lugares seleccionados do camiño que percorreu o santo, en conmemoración e recoñecemento do seu impulso e propagación universal da devoción popular ao Misterio de Belén, unindo nun só programa as sensibilidades xacobea e franciscana e como el foi o creador do belenismo universal.
A Asociación Amigos de San Francisco de Asís organizou varias e diferentes actividades ao longo do presente ano 2014 con motivo do VIII Centenario da peregrinación do santo de Asís a Santiago de Compostela, a cal aconteceu no ano 1214. Neste caso participan diversas asociacións belenistas e de Amigos do Camiño de Santiago, tanto de Galicia como de Castela e León, xunto a outras entidades, institucións e persoas.
Para conmemorar o Día da Biblioteca, o persoal da Ánxel Casal preparou unha exposición sobre a historia da biblioteca pública de Santiago de Compostela, desde a súa fundación no ano 1955 na planta baixa da casa co número 4 e 5 da Praza de Salvador Parga ata o día de hoxe.
Poderanse ver fotografías, documentos variados, catálogos ...