Reflexións
A exposición, comisariada por Christina Ferreira é froito dunha selección de máis de vinte obras da colección pertencentes a dezanove artistas do ámbito galego, nacional e internacional que recollen dúas lecturas posibles da palabra reflexión: a acción e efecto de reflexionar e a acción e efecto de reflectir.
As pezas da primeira sala da mostra xiran arredor dos diferentes xeitos de observación da contorna. Na segunda sala figuran os instrumentos dos que o ser humano se valeu para a súa aprendizaxe: a escritura, a astroloxía, a agricultura, o corpo humano ou a informática.

