Arte e Ciencia
Organizada por Igaciencia e patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Arte e Ciencia ilustra e profunda no diálogo entre ambas as realidades a través de obras e de autores representativos de diferentes movementos ao longo do empo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematándoa na arte dixital 3D.
O aspecto máis destacado da exposición, tanto polo interese que posúe en si mesmo como por ser unha primicia, é a presentación animada e o conxunto de paneis que mostran paso a paso o método compositivo de Juan Gris.

