Día Internacional da Danza
A biblioteca únese á conmemoración do Día Internacional da Danza (29 de abril) cunha exposición sobre o mundo da danza a cargo de Dolores Fojón (Directora da Escola de Baile Lodanzas) na Sala Infantil.
A exposición acompáñase dunha mostra bibliográfica con libros sobre o tema seleccionados entre os que forman a colección da biblioteca.

