Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre

A exposición divulga a traxectoria deste filólogo, pensador e primeiro catedrático de Literatura Galego-Portuguesa.

A súa magna obra está presente nesta mostra a través da voz dos seus contemporáneos e da documentación do propio Said Armesto, materiais diversos que nos falan dun home comprometido coa cultura galega. Con esta fin, a mostra configúrase como unha visión intelectual e humana da súa figura a través do seu legado escrito, e dos que foran os seus amigos e mentores, como Manuel Murguía, Unamuno, Indalecio Armesto ou Emilia Pardo Bazán, entre outros.

Galego

Luis Seoane. Paisaxe psíquica

A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental. A comezos dos anos cincuenta realiza algunhas das súas pinturas de paisaxe máis significativas tras unha viaxe á provincia arxentina de Neuquén, ao pé dos Andes, que supón un cambio radical na súa óptica artística, así como unha conexión directa coas súas paisaxes dos anos setenta, os seus traballos máis líricos. Ata entón, as súas paisaxes funcionaban como meros escenarios ou fondos das súas figuras, pero estas xa son paisaxes en sentido estricto, pequenas pero ambiciosas.

Galego

Os sinais deixados

Unha mostra coa que o vigués Ramón Trigo recrea o mundo intanxible da súa xeografía vital a través dunha selección de 86 obras, que supoñen o remate dun ciclo na súa evolución artística.

Con este proxecto, o Trigo vén darlle a súa impronta persoal ao espazo creativo da Casa da Parra, a través de máis de 80 sinais de identidade artística, todo un universo de trazos sombríos que nos seduce e que transforman este emblemático local do cerne de Santiago de Compostela cunha proposta con identidade propia e enorme forza creativa.

Galego

Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia

Académico, economista, profesor, soñador dunha Galicia nova nunha humanidade mellor, sementador de bibliotecas e conversas, emprendedor cultural infatigable… Esta exposición desvela o compromiso vital e a imaxinación creativa do grande proxectista da Xeración Galaxia no centenario do seu nacemento.

A exposición está rganizada pola Fundación Isla Couto coa colaboración da Editorial Galaxia, do Concello de Vigo e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Galego

Señoras e señores, o solpor dun legado

Señoras e señores, o solpor dun legado é a mostra desenvolvida en colaboración co Museo do Pobo Galego..Trátase dunha serie de fotografías do artista Ricardo Alcalde, que plasman o mundo rural de Terra de Caldelas, en Ourense, a través dos rostros das súas xentes.

A exposición pode visitarse de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición