Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido

O etnógrafo dinamarqués Gustav Henningsen percorreu na década dos 60 do pasado século varias aldeas e vilas galegas fotografando e realizando entrevistas sobre ritos de maxia e curación. En 2009 o profesor doou todo o material (máis de 150 horas de gravacións) ao Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), que comezou un proxecto de investigación dirixido por Xulio Sousa que ten como finalidade a elaboración dun corpus de textos orais en galego e en castelán a partir de materiais sonoros obtidos en Galicia entre 1964 e 1967.  

Galego

Oito espazos para sete miradas

A través da obra de sete persoas profesionais da fotografía asentadas na elite portuguesa desta arte do noso tempo. Cinco fotógrafos e dúas fotógrafas que achegan a súa sensibilidade e a súa calidade técnica para tomar a esencia dos oito templos da Rexión Norte que constitúen o eixe temático desta colección de imaxes.

Galego

A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración

A exposición atende a tres núcleos fundamentais: a presenza da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia das primeiras décadas do século XX; os artistas exiliados en América tras a guerra civil; e as novas xeracións formadas na posguerra que encabezaron unha nova diáspora, esta vez dirixida cara ao centro do sistema cultural dominante, Madrid.

Galego

Constelacións do intanxible

O universo de Luis González Palma (Guatemala, 1957) está formado por constelacións temáticas que orbitan ao redor da súa obra nun ciclo de permanente ida e retorno. A identidade e a memoria —eixos das súas primeiras series fotográficas— son abordados desde o retrato con persistentes ecos á pintura relixiosa, ao barroco e ao prerrafaelismo. Outras temáticas que sobrevoan o seu traballo son a introspección, a intimidade, a reflexión sobre o poder e a representación do non visible: “o que non se ve cando se mira, o que non se di cando se fala”.

Galego

Galicia Imaxinada

Esta exposición fai este retrato real e a idealizado da Galicia dos emigrantes a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX. 

A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época.

Galego

No seas cómplice

Denuncia a situación de trata de seres humanos que existen no noso país e pon de manifesto os factores de vulnerabilidade da vítima, e reflicte as causas e as consecuencias de esta grave violación dos dereitos das mulleres.
Exposición da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, cedida polo Instituto da Muller, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Galego

José Suárez. Uns ollos vivos que pensan

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle a maior exposición realizada ata o momento sobre este fotógrafo de Allariz, considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX.

A mostra, que reúne desde as súas imaxes máis icónicas ata series nunca antes expostas, pretende resituar ao fotógrafo de Allariz no punto que lle corresponde na historia da fotografía de Galicia e España, así como estender ao gran público o amplo recoñecemento que obtivo en vida por parte de intelectuais como Miguel Unamuno, Rafael Alberti, Francisco Ayala, Luís Seoane ou Eduardo Blanco Amor. 

Galego

Construíndo tradición: Noite Meiga

Noite Meiga é unha actividade creada por un grupo de mozas e mozos do Ribeiro, que se constitúe en Asociación cultural no ano 2001 co nome de Ribadavia Activa-T. Na senda da tradición de asociacionismo xuvenil na vila idéase un festexo que favoreza a sociabilidade que acaba insertándose entre os festexos do verán e os do tempo de Nadal e centrada en diversos elementos da tradición galega: meigas, defuntos, magosto, Santa Compaña… aos que se unen outros compoñentes como a Inquisición, a pasaxe do terror…

Galego

Festival Outono Fotográfico

O primeiro dos proxectos do XXXIII Festival Outono Fotográfico que acolle a Casa Museo Casares Quiroga, do 3 ao 29 de novembro, será a mostra colectiva Betanzos histórico. Unha mirada xove sobre a cidade vella realizada polo alumnado de 4º da ESO do IES Francisco Aguiar, na que destaca o intento de amosar, desde o punto da mocidade, como  a cidadanía percibe as súas cidades desde a ollada de turistas e non de habitantes dos espazos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición