Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia

A Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 28 de outubro de 1906 – 13 de setembro de 1996) dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas. Home de ampla formación, significouse tamén pola diversidade dos seus intereses intelectuais e a multiplicidade de actividades e iniciativas –docentes, académicas, culturais ou políticas– que puxo en marcha e impulsou. A súa pegada, sexa a través das súas numerosas publicacións e intervencións públicas (cursos, conferencias, presentacións), sexa por medio das institucións e organismos, públicos e privados, que promoveu ou aos que estivo vinculado

Galego

Mostra itinerante Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia

A Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 28 de outubro de 1906 – 13 de setembro de 1996) dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas. Home de ampla formación, significouse tamén pola diversidade dos seus intereses intelectuais e a multiplicidade de actividades e iniciativas –docentes, académicas, culturais ou políticas– que puxo en marcha e impulsou.

Galego

A memoria e o seu silencio

Rut Martínez é licenciada en Belas Artes e profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo. No seu currículo aparecen múltiples premios nacionais e internacionais ademais de numerosas exposicións, tanto en España como en outros países.

A súa obra artística abrangue o gravado, a pintura e instalacións.

Galego

Esculturas do día a día

Soledad Penalta é escultora dende 1972, vai creando sucesivamente a súa obra en cerámica, cerámica de alta temperatura, refractarios, fundición de bronce, fundición de ferro, ferro en planchas soldadas, escultura de grande formato para exteriores.
A súa obra é a súa linguaxe, ou a linguaxe que ela fala.

Galego

Nosoutras

Nosoutras nace co obxectivo de promover a difusión da arte feminina en todas as súas formas e disciplinas, a través de exposicións, feiras, encontros, talleres e espectáculos artísticos orixinais, creado por mulleres que comparten a misión da nosa comunidade: inspirar mulleres e nenas a que utilicen o seu talento para difundir e celebrar a existencia da súa propia ollada.

Galego

Picasso en sus carteles

Picasso en sus carteles é unha das mostras que complementan o achegamento ao xenial artista, festexado na cidade da Coruña no seu ano picassiano.
Esta mostra paralela cuxo obxectivo é reflectir a importancia que tivo o cartel como soporte na obra do artista, tanto como os momentos culminantes da mesma.
Os carteis picassianos dividiríanse básicamente en dúas categorías: os orixinais e os carteis de exposicións, entendendo polos primeiros aqueles que o artista concibiu e deseñou total ou parcialmente, sempre que a súa impresión e tirada tivera dependido do seu xuízo.

Galego

Os camiños da brétema

Vicente Ansola leva anos mostrando tanto dentro como fóra das fronteiras de Galicia a realidade de moitas das nosas aldeas. No seu traballo O Pobo das Néboas, realizado íntegramente no concello de A Pontenova e premiado co prestixioso Master Hasselblad no 2.012, reflexa a xeito de melodía fotográfica o canto de cisne do noso rural.

Galego

Camelia, flor de Galicia

Durante estas dúas xornadas, o claustro do Pazo de Fonseca acolle a terceira edición da exposición "Camelia, flor de Galicia", unha mostra que reúne máis de 200 variedades de flor de camelia procedentes das mellores coleccións privadas de Galicia. A espectacular beleza desta flor verase acrecentada cunha mostra de pezas e obxectos representativos da artesanía e cultura galega en xeral.

Galego

Lámpadas de autor

A Mauro Trastoy interésanlle todas aquelas conexións entre procesos artesanais e artísticos. O seu traballo actual céntrase nos materiais e as súas posibilidades, explorando a repetición e a monotonía no facer.

Nesta ocasión poderá verse na galería Metro a súa derradeira colección de lámpadas, realizadas a man e cos materias cos que ven traballando ultimamente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición