Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Zweisamkeit

Cedemos o espazo para esta exposición organizada por José Manuel Pérez Pena. Para referirse á soidade, en alemán a palabra máis común é Einsamkeit. E do mesmo xeito que sucede coa nosa soidade, aquel termo pode ter significados tanto positivos (no caso dunha soidade buscada) como negativos (caso contrario). Pero en alemán tamén existe outro termo, para o que non temos un equivalente galego, a saber, Zweisamkeit (unha especie de soidade compartida) que sempre conleva emocións positivas.

Galego

Os labirintos da mente humana

Esta mostra bibliográfica reúne unha selección de ensaios de psicoloxía e neurociencia, xunto con obras de narrativa, que exploran os misterios da mente humana: como percibimos, lembramos, sentimos e tomamos decisións. A través de miradas moi diversas –desde a investigación científica ata as historias de ficción– estes libros abordan temas como a conciencia, a identidade, as emocións, os trastornos mentais ou a influencia do contexto na nosa conduta.

Galego

Entre contos e versos... mil universos

A rima é un elemento básico para as crianzas porque melloran a linguaxe, tanto expresiva como comprensiva e benefícialles na súa capacidade de memoria, xa que enriquece a súa habilidade de lembrar. Ao escoitar as rimas, aprenden como se combinan os sons para formar as palabras e as frases e entenden o ritmo da lingua. Algunhas investigacións amosan que é un instrumento moi poderoso para a aprendizaxe da lectura. Ofrecésmosvos aquí unha pequena mostra de contos rimados que se suman á nosa colección de poesía infantil.

Galego

O arquivo de Barro

A Fundación DIDAC presenta O Arquivo de Barro, unha exposición baseada no arquivo do deseñador galego Pepe Barro, depositado na Fundación desde 2024. A mostra permite coñecer a súa traxectoria desde os anos setenta ata hoxe, destacando proxectos de deseño editorial e identidade visual, así como a súa labor como cronista da historia de Galicia. Durante a exposición haberá relatorios e conversas, comezando o 22 de xaneiro con Suso de Toro. O proxecto conta coa colaboración do Ministerio de Cultura, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

Galego

Si o vello Simbad volvese ás illas

Cedemos o espazo a Santiago Losada, usuario da biblioteca e coleccionista de libros para que poidamos desfrutar dalgúns dos exemplares da súa colección Losada Díaz. Trátase dunha mostra de exemplares de As mil e unha noites que estará no espazo da hemeroteca, na planta baixa, do 13 de xaneiro ao 21 de febreiro. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.

Galego

Exposición de orixinais da novela gráfica “Gloria”

Cedemos o espazo para esta exposición organizada por Lola Garcerá e Pío Barreiro sobre a novela gráfica “Gloria”, editada por Demo editorial. Unha viaxe á Compostela medieval durante a construción do Pórtico da Gloria. Un traballo que acontece polo período románico da nosa cidade, con trazos de acción, aventura e intriga e unha personaxe feminina que nos achega unha nova visión sobre a creación artística no medievo.

Pode visitarse no vestíbulo do 12 de xaneiro ao 13 de febreiro durante a apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición