Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pola Candeloria, medio inverno vai fóra

O día 2 de febreiro celébrase o día da Candeloria, que marca a metade xusta entre o solsticio de inverno e o equinoccio de primavera. É un día importante no almanaque pois, de acordo cos costumes agrícolas, e dependendo do tempo que faga, podería comezar o tempo da semente: se a Candelaria chora, o inverno vai fóra. Se a Candelaria ri, o inverno está por vir. É dicir, a chuvia o 2 de febreiro simboliza que o peor do inverno xa pasou mentres que se vai sol, o inverno vaise alongar e a primavera tardará en chegar.

Galego

Os maragatos da Porta de San Pedro

Cedemos o espazo para acoller esta exposición organizada pola Fundación Pérez Carro e Egeria que estará no vestíbulo do 3 ao 15 de febreiro. Cara a 1880, a primeira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense (a actual Porta de San Pedro), convertíndose en lucenses.

Galego

Gravado, ilustración, deseño e humor gráfico en Galicia

Para celebrar o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, facemos unha mostra bibliográfica cunha selección de documentos da nosa colección para dar unha visión xeral da historia da ilustración e as artes gráficas en Galicia ata chegar á actualidade. Grandes figuras históricas como Castelao, Luis Seoane, Carlos Maside ou Camilo Díaz Baliño, xúntanse nesta mostra cos autores máis actuais, entre os que destacamos a Xosé Vizoso, a persoa homenaxeada en 2025.

Galego

Exposición #DestinoIgualdade

Cedemos o espazo á Fundación Vicente Ferrer para realizar esta exposición que mostra a situación das nais soas na India. A iniciativa busca visibilizar os numerosos obstáculos aos que se enfrontan estas mulleres a diario e a súa conquista pola independencia económica. A Fundación Vicente Ferrer é unha ONGD comprometida co desenvolvemento integral das comunidades rurais máis vulnerables do sur de India e de Nepal. Cre nas persoas e na súa capacidade de acción, e acompaña ás comunidades máis vulnerables na loita contra a discriminación, a desigualdade e a pobreza.

Galego

Priscilla Monge

A obra de Priscilla Monge, foi frecuentemente incluida na escena posconceptual latinoamericana dos noventa, pero hai que ter en conta que neses anos nin Costa Rica nin a rexión centroamericana á que pertence figuraban nos mapas da arte latinoamericana recoñecida internacionalmente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición