Ao mar: perseguindo a borraxeira
A exposición é o resultado dun primeiro proxecto sobre as mariscadoras de Muros, coas que Cris Romero traballou durante tres anos fotografando a súa vida cotiá na ría. “O seu esforzo e tesón contra todo pronóstico, o mal tempo e o cesamento da actividade foron unha constante no meu esforzo por reflectilo nas miñas fotografías, por valoralas, e por darlles unha plataforma para dar a coñecer o seu traballo, algo que todos coñecen en Galicia pero non no resto de España”, asegura a autora.

