Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The End

En 1996 Jim Morrison escribe The End un tema co que dicía adeus a unha parella sentimental e que derivaría nun lisérxico e famosísimo spoken word. Nesta canción, de extrema pulsión vital, os símbolos entrecrúzanse e lévannos nunha viaxe polo ciclo ciclo infindo da vida. Agora Carlos Aires recolle esta inspiración e afonda na idea de final, na delgada liña que separa vida e morte nun mundo marcado pola violencia, o xenocidio e a ansiedade suicida.

Galego

Os maragatos da Porta de San Pedro (Lugo)

Cara a 1800, a primeira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla de Lugo (a actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. 

Con este motivo, a terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense. 

Galego

Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo

A mostra, composta por seis vitrinas, fai un percorrido pola vida e a obra do artista a través da que podemos entrever as súas motivacións, gustos e o gran esforzo que dedica a cada creación.
Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950) conta que xa de pequeno pasaba o tempo buscando formas e debuxos nas paredes. Recentemente creou varias viñetas que ilustran a súa vida dende os inicios e que se poden ver na exposición.

Galego

Iconografía artística de José Ángel Valente 1955-2024

Ao longo da súa vida, e mesmo despois do seu falecemento, o poeta, narrador, ensaísta e tradutor galego José Ángel Valente (Ourense, 1929-Xenebra, 2000) foi retratado en diversas ocasións e baixo distintas técnicas artísticas (pintura, debuxo, caricatura).
Parte dese material poderá contemplarse na exposicion Iconografía artística de José Ángel Valente 1955-2024 que se poderá ver na Facultade de Filoloxía e que se inclúe nas actividades programadas polo 50 aniversario do centro.
 

Galego

Gaza: o eco dos esquecidos

26 fotografías, o documental Hospital Al Shifa: os crimes soterrados cedido pola televisión Al Jazeera, vídeo-testemuños dos reporteiros gráficos e unha creación artística compoñen esta mostra ‘Gaza: o eco dos esquecidos’.
A exposición presenta a realidade do xenocidio en Gaza a través da perspectiva dos reporteiros gráficos gazatís Mohammed Zaanoun, Ahmed Zakot e Abood Abu Salam, que documentan os actos do exército israelí desde dentro, ofrecendo unha visión real sobre os crimes contra a humanidade. 
 

Galego

Asia oriental: visións literarias

A fascinación polo extremo oriente supón unha constante no imaxinario occidental dende antes incluso de coñecer estas terras. Este interese deu paso ó longo do tempo á creación dunha versión ensoñada e case mitolóxica destes lugares afastados, desligada en moitos casos da realidade coa que se corresponde. Nos últimos anos continuou, pero agora abandoando esa visión fantástica e artificial da nosa mirada en favor dunha búsqueda das voces propias do continente.

Galego

Estrutura dun zumbido

A exposición Estrutura dun zumbido de Alberto Ovejero está marcada por un forte carácter autobiográfico, apoiándose en diferentes formatos como ilustracións, pinturas, colaxes e pezas audiovisuais cunha ampla diversidade de técnicas que van dende o óleo, pasando polo acrílico ata o grafito, tendo o debuxo como principal ferramenta e canle de expresión para canalizar os seus pensamentos recorrentes nun exercicio de autosanación. A estes pensamentos denomínaos zumbidos.

Galego

“40 anos de Greenpeace España”

Cedemos o espazo para realizar a exposición “40 anos de Greenpeace España”. Este ano Greenpeace España cumpriu 40 anos. 40 anos de incansable traballo por un cambio profundo do modelo socioeconómico. 40 anos loitando para asegurar un futuro máis verde, democrático e xusto para o planeta e as persoas. Pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición