As coleccións dentro do catálogo de Ediciós do Castro: CERÁMICA
Ediciós do Castro, nada tras a creación do Laboratorio de Formas, fundado por Díaz Pardo e Seoane, publicou máis de 70 obras repartidas nunhas 20 coleccións entre 1963 e 2008. Entre estas coleccións destacamos os Cadernos do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos nos que se plasmarían diferentes aspectos desta arte popular a través de conferencias, estudos de autor ou as experiencias da Escuela Libre y Laboratorio Cerámico de Sargadelos.
Pode visitarse no terceiro andar durante o horario de apertura da biblioteca

