Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

MAYTE VIETA. O SON DO MAR

Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión a través da fotografía, a escultura e a instalación.

Cunhas influencias que abarcan desde Milan Kundera ata Simone Weil, Vieta reflexiona sobre as contradicións da experiencia humana mediante instantáneas que capturan a complexidade do espectro das nosas emocións, pensamentos e vivencias. As súas obras redefinen a relación entre contrarios coa coherencia que só os soños conteñen.

Galego

Historias dun lugar

Trátase dunha instalación colaborativa que procura rescatar a memoria afectiva de Bonaval e do Museo do Pobo Galego. A proposta artística, que se desenvolverá coa mediación do DEAC e en colaboración co tecido asociativo do barrio, toma como punto de partida unha experiencia previa: Histórias de um lugar, a obra realizada pola artista e docente María Jesús Agra durante unha residencia na Quinta da Cruz (Viseu, Portugal). 
 

Galego

Galicia histórica. A historia da nosa terra na literatura : novela e cómics

Dende os castrexos até o franquismo e a Transición, pasando por romanos, suevos, nobres, rebeldes, emigrados, loitadoras e piratas, Galicia goza dunha longa e vibrante Historia que non sempre tivo a fama merecida na literatura.

Con esta exposición tentamos visibilizar aos diversos autores e autoras que ambientaron as súas creacións en Galicia ou que contan un fito da nosa Historia.

Galego

As historias da música gravada en Galicia

Esta mostra convida ao público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX. O percorrido comeza en Ourense con Martínez de Presa e destaca a Severino Pérez Vázquez no século XIX, quen produciu un precursor do sintetizador de voz, case un "autotune". Outras historias inclúen a personaxes como Emilia Pardo Bazán e Maruja Boga, presentadas por oito artistas do mundo do cómic que narrarán as súas conexións co son e a música ao longo do tempo.

Galego

Samaín

Achégase o Samaín e na Biblioteca Ánxel Casal e temos preparada unha selección de libros nos que poderás ler algunhas das nosas historias terroríficas preferidas, pero tamén atoparás outros nos que aprenderás curiosidades sobre esta festa ou mesmo ideas para que elixas o teu disfrace para esa noite.

Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Mulleres que contan

Desde outubro de 2016 vense celebrando o Día das Escritoras, unha conmemoración que pretende recuperar e facer visible o legado de tantas mulleres escritoras, así como combater a discriminación sofrida ao longo da historia. A data elixida para esta conmemoración é sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Tareixa de Xesús.

Galego

A colaxe na literatura ourensá

Este martes ás 12.00 h teremos a inauguración da Exposición das obras nas que Baldomero Moreiras homenaxea a escritores ourensán. Esta exposicións que reúne as colaxes que Moreiras adicou a diferentes literatos ourensáns poderá visitarse no horario habitual de apertura da biblioteca dende o martes 17 de setembro 31 de outubro.

Baldomero Moreiras (Celanova, 29 de xaneiro de 1955) 

Estuda Artes e Oficios en Ourense e o Bacharelato Superior. Alumno de Xaquín Lorenzo (Xocas) e Luís López Cid.

Galego

Tattoo. Arte baixo a pel

A tatuaxe debe o seu nome ao tatau polinesio que a tripulación europea do capitán Cook descubriu no século XVIII. A evolución desta práctica foi o resultado de intercambios entre países, entre correntes marxinais e dominantes, entre centros e periferias. Sobreexposta actualmente por mor do desenvolvemento de Internet e o interese mediático que esperta, a tatuaxe escribe a súa historia contemporánea ao ritmo dos avances tecnolóxicos.

Galego

Miradas. Mulleres na arte

A mostra 'Miradas. Mulleres na arte' de Elsa Martínez  busca homenaxear as representantes femininas que destacaron no mundo da arte e tamén aquelas que quedaron no anonimato. 
A mostra recolle 41 retratos de mulleres de diferentes disciplinas artísticas (pintoras, escultoras, escritoras e actrices) do século XVI ao XX e empregando diferentes técnicas: acrílico, collage, lapis, acuarela e plastilina utilizada de xeito persoal como técnica pictórica. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición