O Camiño en viñetas
Un ano máis o Museo das Peregrinacións e de Santiago colabora con Compostela Ilustrada acollendo unha nova exposición de ilustracións e debuxos que miran o Camiño desde unha óptica artística, moderna e contemporánea.

Un ano máis o Museo das Peregrinacións e de Santiago colabora con Compostela Ilustrada acollendo unha nova exposición de ilustracións e debuxos que miran o Camiño desde unha óptica artística, moderna e contemporánea.
O traballo de Manuel Dávila García (Santiago de Compostela, 1934) conta unha historia persoal, cicelada a través da ourivaría. A súa formación, as relacións laborais e o espazo do obradoiro constrúen unha intimidade arxéntea, un relato de vida inscrito no marco dunha cidade en construción, que analiza o oficio como forma de identidade individual e colectiva.
Álvaro Pombo (Santander, 23 de xuño de 1939), licenciado en Filosofía pola Universidade de Madrid e Bachellor of Arts polo Birberk College de Londres, cidade na que residiu entre 1966 e 1977. Recoñecido novelista, tamén cultiva o ensaio e a poesía con obras como Protocolos ou Hacia una constitución poética del año en curso. Debuta na narrativa en 1977 con Relatos sobre la falta de substancia.
Cedemos o espazo para realizar esta exposición fotográfica organizada por Sergio Jacques como homenaxe ao escritor portugués Urbano Tavares no centenario do seu nacemento.
Pablo Orza propón un proxecto interdisciplinar onde o territorio, a identidade e a autorreferencia converxen nun espazo de representación propio, conformando un lugar de creación afastado do establecido para crear vínculos, ao través dunha ampla proposta con diferentes parcelas sensoriais.
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”, comisariada por Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, desde a súa creación o 31 de outubro de 1849 ata a actualidade. É por iso que o subtítulo desta exposición sexa 23+1.
A mostra incorpora o traballo fotográfico da xornalista gráfica Pepa Losada, co apoio de María Mon e Aida López, para reflectir a presenza do galego nas lápidas, un ámbito onde a lingua permanecera ausente durante séculos. Esta documentación busca promover o uso do galego para expresar de maneira propia e sentida as emocións de lembranza cara aos seres queridos falecidos.
Pintar a paisaxe na vela que impulsa a barca coa que navegas pola ría.
Alberto Baraya enfrontouse este verán a un reto singular. Unha reflexión sobre a pintura plenairista en diálogo coa colección de paisaxes mariñas, maquetas e outros elementos relacionados co mar que habitan o Museo de Pontevedra.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo
Datas: 25/10/24 ata 2/3/25
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Esta exposición é o resultado do proxecto de Investigación e Recuperación da Cerámica Castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum que ten como obxectivo a elaboración dunha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel formal, mantendo unhas referencias históricas e arqueolóxicas en canto a acabados, texturas e formas e tratando de caracterizar con elas o conxunto tipolóxico documentado dos castros galegos de referencia.
Dende 2002 a UNESCO vén celebrando o Día da Filosofía cada terceiro xoves de novembro, polo que neste 2024 terá lugar o día 21. Esta data está pensada para subliñar a relevancia da Filosofía no desenvolvemento humano como disciplina e mesmo como acto da vida cotiá que ten como obxectivo promover o pensamento crítico.