Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gravado, ilustración, deseño e humor gráfico en Galicia

Para celebrar o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, facemos unha mostra bibliográfica cunha selección de documentos da nosa colección para dar unha visión xeral da historia da ilustración e as artes gráficas en Galicia ata chegar á actualidade. Grandes figuras históricas como Castelao, Luis Seoane, Carlos Maside ou Camilo Díaz Baliño, xúntanse nesta mostra cos autores máis actuais, entre os que destacamos a Xosé Vizoso, a persoa homenaxeada en 2025.

Galego

Exposición #DestinoIgualdade

Cedemos o espazo á Fundación Vicente Ferrer para realizar esta exposición que mostra a situación das nais soas na India. A iniciativa busca visibilizar os numerosos obstáculos aos que se enfrontan estas mulleres a diario e a súa conquista pola independencia económica. A Fundación Vicente Ferrer é unha ONGD comprometida co desenvolvemento integral das comunidades rurais máis vulnerables do sur de India e de Nepal. Cre nas persoas e na súa capacidade de acción, e acompaña ás comunidades máis vulnerables na loita contra a discriminación, a desigualdade e a pobreza.

Galego

Priscilla Monge

A obra de Priscilla Monge, foi frecuentemente incluida na escena posconceptual latinoamericana dos noventa, pero hai que ter en conta que neses anos nin Costa Rica nin a rexión centroamericana á que pertence figuraban nos mapas da arte latinoamericana recoñecida internacionalmente.

Galego

Mandala (Arc en ciel)

Pilar Albarracín (Sevilla, 1968) foi unha das creadoras claves na renovación das linguaxes artísticas en España durante os anos noventa. Nunha escena ata entón dominada pola pintura e a escultura, o seu traballo foi pioneiro no uso da fotografía, a performance ou a instalación como medios de expresión artística, e contribuíu a formular algunhas das cuestións fundamentais para entender a evolución das prácticas artísticas nas últimas décadas. 

Galego

Os Maragatos da Porta de San Pedro

Arredor de 1880, a primeira xeración dos MARAGATOS da Porta de San Pedro (Lugo), a parella formada por TOMÁS PÉREZ CARRO e VICENTA GARCÍA CARRO, de Santa Colomba de Somoza, en pleno corazón da Maragatería leonesa, instálase fronte á histórica Porta Toledana da Muralla de Lugo (actual Porta de San Pedro), converténdose en lucense.

Galego

Toma Castaña Galicia

Ven descubrir os impresionantes castiñeiros senlleiros da nosa comunidade, árbores que forman parte do valioso legado do patrimonio natural galego, e que nos regalan cada outono os seus froitos, as castañas, eses pequenos tesouros que se esconden nos seus característicos ourizos.

Mergúllate nun souto recreado especialmente para ti, nunha homenaxe a nosa terra e tradicións.

Galego

Lei eterna

Lei Eterna parte dunha acción en medio urbano, unha performance participativa que tivo lugar na Praza da Quintana en Santiago de Compostela e que agora se reconverte para o seu formato expositivo na Fundación DIDAC. A exposición está asinada por Mery Pais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición