Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Unha maleta chea de libros

Por fin chegaron as vacacións. Xa rematou o cole e temos por diante longos días de lecer nos que, como o resto do ano, queremos seguir ao teu carón. Con esta intención, preparamos unha selección de historias, moitas delas ambientadas no verán, para que metas na túa maleta, na mochila da praia ou leves contigo para ler onde che apeteza. Esperamos que as desfrutes e feliz verán!

Esta mostra pode visitarse na sala infantil do 21 de xuño ao 30 de agosto en horario de apertura da biblioteca.

Galego

Verán Criminal

A partir do 14 de xuño, coincidindo coa Selic e a súa sección Selic Criminal, mentres paseas polas instalacións da Biblioteca Pública Ánxel Casal irás atopando seleccións de documentos relacionados coa literatura criminal, o true crime, os cómics de intriga ou o thriller. A mostra continúa ata o 30 de agosto.

Verán criminal divídese en 7 partes:

Galego

Exposición de Arte organizada por Andaina Pro Saúde Mental

Cedemos o espazo a Andaina Pro Saúde Mental, unha asociación sen ánimo de lucro que nace co obxectivo de prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, ás familias e achegadas e achegados. Utilizan a arte como ferramenta de expresión emocional e comunicación xa que axuda a conectar cun mesmo e co grupo, a reducir os niveis de estrés e ansiedade e potenciar a creatividade. Cada obra é unha historia de desenvolvemento e mellora persoal.

No vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.

Galego

E agora para onde vou?

Comisariada por Iñaki Martínez Antelo, a exposición é froito da colaboración entre Appleton Associação Cultural de Lisboa e a Fundación DIDAC e forma parte das actividades do Plataforma. Festival de Artes Performativas de Santiago de  Compostela.
A produción artística de Vasco Araújo (Lisboa, 1975) caracterízase pola multiplicidade de linguaxes e medios aos que recorre para a formalización das súas ideas.

Galego

Outras historias posibles

Outras historias posibles reúne o traballo de seis artistas contemporáneas nadas na década dos 50 e vinculadas a Galicia nos seus camiños vitais e profesionais, cuxas traxectorias merece a pena revisar e contextualizar para, como expresa o título do proxecto, xerar outras historias que completen as xa coñecidas.

Galego

A Galicia do presente

A instalación artística A Galicia do presente, é unha iniciativa do proxecto de dinamización da cultura galega emerxente Galicia Latente, impulsado por Eduardo de Martís e baseado no estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica.
A instalación artística que poderá verse no Museo está composta por tres pezas centrais que dan soporte a unha escolma de fotografías protagonizadas por imaxes-referentes da cultura galega, contextualizadas nunha reflexión que abrangue retos e oportunidades que estamos a vivir.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición