Cola, papel, tijera
Para esta exposición permitímonos a licenza de cambiar a palabra pedra pola de cola, dado que toda esta dupla xira en torno á colaxe. Atendendo á súa etimoloxía, a orixe da palabra colaxe atópase no verbo coller do idioma francés -pegar-. Con todo, outras acepcións aluden á palabra colaxe como unha formación do prefixo grego -kola- (pegamento) e o sufixo -age- (acción).

