O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
Esta exposición é a materialización dunha das grandes responsabilidades dunha institución museística, xa que é froito dun traballo de investigación levado a cabo dende o Museo do Castro de Viladonga. O groso dos traballos arrancan no 2021, e dende os primeiros estudos bibliográficos e de catalogación quíxose poñer en valor a pequena, pero importante, colección de acibeches recuperados durante os máis de cincuenta anos de escavacións no Castro.

