Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mes mundial do Alzheimer

Proclamado pola Organización Mundial da Saúde, o 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, afección mental considerada un desafío crucial para a saúde pública no século XXI. Desde o ano 2012 a Federación Internacional do Alzheimer estendeu dita conmemoración a todo o mes, cumpríndose este ano o duodécimo aniversario do Mes Mundial do Alzheimer, enfermidade neurolóxica que, segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía, actualmente padecen unhas 800.000 persoas en España.

Galego

Lorca en Compostela

A mostra, que leva por nome 'Lorca en Compostela', está comisariada polo editor e escritor Henrique Alvarellos e estruturada en dez apartados con máis de 80 pezas e documentos, cedidos por 25 institucións e particulares, e dos que algún deles se exhiben por primeira vez ao público.

Galego

Milan Kundera

Milan Kundera foi un novelista e pensador de referencia na Europa da segunda metade do século XX. A pesar de nacer en Checoslovaquia. Kundera non se recoñeceu durante moito tempo como autor checo. Foi crítico co réxime comunista e, por iso, en 1975 puxo rumbo a Francia onde se instalou, traballou como profesor universitario e onde publicou gran parte dos seus libros.

Galego

Nicolás Muller. Viento Norte

Nicolás Muller. Vento Norte revisa e recupera o traballo realizado no norte de España por un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século. Un relato que desvela a súa ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e a beleza das paisaxes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra, e que se completa cun apartado denomidado «Obras Mestras» no que se recollen algúns dos seus traballos máis célebres

Galego

Os camiños de Elías Valiña

Na promoción do Camiño de Santiago realizada coa programación do Xacobeo 21-22, en concreto co proxecto “O Teu Xacobeo”, integrou un documental sobre Elías Valiña, cura do Cebreiro nas décadas de 1970 e 1980, como un dos pioneiros do século XX na recuperación e valorización do Camiño e da peregrinación xacobea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición