Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Folerpas lectoras

Centro de interese, listaxe de lecturas e exposición de cubertas de libros para estas datas senlleiras, con folerpas de neve que veñen cargadas de fantásticas ideas para pedir como agasallo a Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos.

Do 1 de decembro ao 8 de xaneiro de 2024.

Sala Infantil.

Público familiar.

 

Galego

Inverno de lecturas

Poucas imaxes hai máis evocadoras da lectura que unha fiestra dende un interior morno cun temporal no exterior. Para estes días (de vacacións ou non) queremos suxerirvos unha serie de lecturas a través de paneis e bibliografías que adecúen o noso sentir interior á meteoroloxía.

Do 1 de decembro ao 8 de xaneiro de 2024

Zona de exposicións da biblioteca.

Todos os públicos.

Galego

«Más allá de las estrellas»

José Luis Matalobos é deseñador gráfico, ilustrador, pintor e artista gráfico dixital.

Traballou como ilustrador e infógrafo nos xornais “El Progreso” e “La Voz de Galicia”.

Desde 2001 traballa como artista gráfico independente para La Voz de Galicia, editoriais e axencias de publicidade, realizando actividades diversas relacionadas coa arte gráfica en xeral: portadas, cartaces, story boards, ilustracións, etc., mentres prosegue co seu labor como pintor e artista tradicional.

Galego

Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Augusto Pacheco (1948-1973)

A exposición recolle diferentes obras de fotomontaxe do fotógrafo ourensán Augusto Pacheco, e trata de amosar como o recurso da fotomontaxe dentro do campo da fotografía representa un elemento creador en si mesmo e de reflexión.

Comisariada por Vitor Vaqueiro, Anxel Huete e Manuel Pérez Rúa, expón fondos do Museo Etnolóxico pertencentes ao Fondo Pacheco.

Galego

Santiago proxectado, arquitecturas non construídas

Esta mostra pioneira reúne por primeira vez en Compostela e en Galicia unha serie de proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade e que por diversas circunstancias non chegaron ao seu fin e permanecen no descoñecemento ou no esquecemento.O proxecto expositivo foi comisariado polo historiador e xornalista Fernando Franjo e a historiadora da arte Ana Paula Castro. Contou tamén co apoio técnico dun equipo de arquitectos coordinado por Paula Franjo.

Galego

Peregrinas Ilustradas

OS CAMIÑOS E AS AUTORAS
Camiña. CamiñoCamiño da Costa: do Porto a Santiago

  • Fernanda Lamelas (Lisboa)
  • Teresa Ruivo (Lisboa)
  • Branca Escrigas (Ferrol)
  • Isabell Seidel Ourense

Dous Camiños. Kumano vs SantiagoRealización do Camiño de Inverno e o Camiño Kumano en Xapón

Galego

S/T 2023.

S/T 2023 é unha exposición intimista que revela a beleza do simple grazas ao carácter técnico e a mestría de edu_ALBO, que nos anima a deixar que o tempo deposite a súa pegada e a mergullarnos no aroma das súas obras no espazo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición