Exposición de tarxetas do XI Certame de tarxetas do Nadal
Acollemos a exposición das tarxetas elaboradas polo alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria de Santiago de Compostela para o XI Certame de tarxetas do Nadal organizado pola ONG Manos Unidas para dar visibilidade á situación que sofren os países empobrecidos.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.

